O alcalde de Dodro, Xabier Castro, remitiu un escrito á Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) solicitando formalmente o acondicionamentos das estradas AC-305 E AC-307.

Desde o concello de Dodro solicitouse formalmente da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) dependente da Xunta de Galicia o acondicionamento e limpeza das beiras das estradas AC-305 E AC-307 , que discorren polo Concello de Dodro.
Este mantemento tería que ser feito regularmente pero desde hai meses a maleza crece e esta a xerar problemas de visibilidade en distintos puntos das mencionadas estradas. Hai poucos días entre os lugares de Tallos e Vigo tivo lugar un alcance entre dous vehículos pola saída á vía dun deles nun punto sen visibilidade pola maleza.

Desde o concello de Dodro alértase do perigo que supón este problema, non só para a circulación se non tamén para a posibilidade de que se produzan incendios. A finais de maio a Xunta anunciaba a limpeza en estradas das provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra; en marzo chegaba ese coidado a concellos como Noia, Ordes ou Muros non tan afastados de Dodro polo que o concello reclama ser incluído en esas limpezas.
NO escrito enviado á AXI lembrase que as ditas estradas, son de titularidade autonómica e están xestionadas por ese organismo; e correspóndelle a este a súa conservación, tal e como fai o concello nas que son da súa responsabilidade.
