Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Dodro
  • Xeral

Dodro abre o Nadal coa entrega do Eusebio Lorenzo Baleirón de poesía

dodro programacion nadal 13 decembro 2024

Bisbarra, 13 de decembro do 2024 –  A programación de Nadal en Dodro dará comezo este sábado cun dos actos culturais máis emblemáticos do municipio, a entrega do XXXVII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón.

Miguel Cavda

En esta edición recibe o galardón o poeta Miguel Cavadas pola súa obra “Himno nacional”. A cerimonia celebrarase ás 17.30 horas, no CPI de Dodro e contará con recital poético e a actuación do músico Manoele de Felisa.

O venres, 20 de decembro, ás 20.00 horas na Igrexa de San Xián de Laíño, terá lugar un concerto solidario de Nadal a cargo do Coro Ludus Tonalis. Esta agrupación creada en 1998 interpretará “Lingua Nai”, proposta musical pertencente ao Programa da Rede Cultural da Deputación da Coruña. A entrada será de balde e en colaboración coa entidade Cáritas Dodro, solicitarase ao público a aportación solidaria de alimentos e produtos non perecedeiros para axudar as persoas e familias que o precisen.

O luns 23 de decembro, os Títeres da Compañía Larei Lará chegarán a Dodro para facer desfrutar ao público infantil co espectáculo “A cheminea do Apalpador”. A cita será ás 17.30 horas no Pavillón de Deportes.

Reis Magos en Dodro

Entre o 23 de decembro e o 3 de xaneiro, de luns a venres, os días hábiles, o Concello de Dodro ofertará á poboación o servizo “Concilia Nadal”. Un conxunto de actividades lúdico educativas para crianzas de 3 a 12 anos, pertencentes ao programa Corresponsables e ten como obxectivo axudar ás familias nas épocas de vacacións escolares de Nadal. Estas desenvolveranse na Casa da Cultura, entre ás 9.30 e as 13.30 horas.

O venres 27 de decembro, ás 17.30 horas e no Pavillón de Deportes, serán os “Monicreques de Sempre” de Pekexogo, os responsables do entretemento e diversión. Espectáculo incluído no Programa da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Esta xornada lúdica rematará cuns inchables infantís e coa animación e visita de Papá Noel.

Como non podía ser doutro xeito pecharase o ciclo de Nadal o día 5 de xaneiro de 2025 coa recepción das SS.MM. Os Reis Magos. A cita será ás 17.30 horas, no Pavillón de Deportes, onde Dodro celebrará a visita dos Reis Magos con animación musical, inchables, chocolate con churros e cos mellores desexos e ilusión para o ano 2025.

Post navigation

Previous: Toda a programación do Mercado da Estrela que hoxe comeza
Next: O Camiño a Fisterra e Muxía máis alá das fronteiras

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.