Dodro preparou unha atractiva programación de Nadal para este mes de decembro na que a familia será o centro das actividades. Teatro de papel, xogos, baile e música serán algunhas das actividades de estas datas.
O vindeiro día 13 comeza esta programación coa entrega do premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón. Unha cita que contará coa actuación de Minguante co espectáculo “Minguante canta poesía galega”, será no CPI de Dodro as cinco e media da tarde.
O día 19 o concello organiza unha interesante actuación titulada “Kamishibai de Nadal”. Juan Juste é un artista multidisciplinar; ilustrador, guionista e contador de historias. Nos anos 80 namorouse da narración a través dos mundos oníricos creados con papel. Na actualidade é experto único en Galicia na técnica contacontos Kamishibai e teatro de papel contemporáneo. Os contos e lendas de Nadal serán o centro da súa actuación na Casa da Cultura de Dodro as cinco e media da tarde.
Como anticipo da Noiteboa o día 23 o concello organiza unha Algueirada de Nadal. Unha festa arredor da historia de Xurxo… que non sabe bailar. Unha proposta chea de humor e diversión, na que se mesturan bailes e acrobacias e que vai destinada ao público familiar. A cita no pavillón polideportivo ás cinco e media da tarde.
O mes rematará cun Nadal en Laponia, unha proposta de Teatro Calavera na que Leila e Laila, dúas Elfas da Laponia, veñen a facer para toda a veciñanza unha gran Festa de Nadal, con música xogos e bailes para toda a familia. Non todo sairá ben xa Leila no medio da festa perde ao seu gran amigo Larry, un boneco de neve. Un espectáculo cheo de humor, música, xogos e contos de Nadal. O día 30 no pavillón de deportes ás cinco e media da tarde.
Ademais de estas actividade e como tódolos anos o concello iluminará ata a última aldea para que toda a veciñanza sinta cerca no Nadal.
