займ срочно

Dodro presenta o programa integrado de emprego

0

Bisbarra, 29 de decembro do 2022 – Dodro presentou o Programa Integrado de Emprego do concello e que abarca tamén aos municipios de Padrón, Rois, Rianxo, Valga e Pontecesures.

Trátase da oitava edición de este modelo de programa de emprego. O alcalde de Dodro, Xabier Castro, puxo en valor un modelo que abarca “un territorio idóneo tanto polos potenciais usuarios como polo tecido empresarial que contén”.

O Programa Integrado do Concello de Dodro, financiado pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal, está dirixido a mellorar a empregabilidade de 100 persoas demandantes de emprego do ámbito territorial destes seis concellos. Conta cunha subvención de 250.000 € que se destinan a actuacións de información, orientación e asesoramento laboral individual.

O programa desenvolve ademais talleres de coaching e intelixencia emocional; obradoiros de mobilidade laboral, de habilidades sociais e de entrevistas; accións de intermediación con empresas; realización de prácticas non laborais, e fomento do autoemprego e o emprendemento.

O programa conta cun compromiso de inserción dun mínimo do 37%. Ao longo dos anos, a media da porcentaxe de insercións derivadas dos Programas Integrados de Emprego que xestionou o Concello de Dodro está en arredor dun 50%.

As accións 2022/2023 desenvolveranse ao longo dos próximos meses, comezando pola orientación e asesoramento laboral e ofrecendo formación en sectores diversificados de relevancia na contorna: industrias alimentarias, hostalaría e turismo, servizos á comunidade, fabricación mecánica, agrario, comercio e márketing, e téxtil. As persoas beneficiarias do Programa percibirán unha bolsa de 7€ por día por asistencia ás accións que se realicen nel.  A selección das persoas beneficiarias xa está en marcha.

Aquelas persoas que desexen participar deben de estar dadas de alta na súa Oficina de emprego de referencia e  pertencer a algún dos seguintes colectivos: persoas desempregadas con discapacidade, persoas desempregadas menores de 30 anos con baixa cualificación, persoas desempregadas menores de 30 anos cualificadas, persoas desempregadas maiores de 45 anos, persoas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción (RAI), mulleres desempregadas e persoas desempregadas de longa duración. Tamén se ofrece a posibilidade de solicitar a participación no procedemento de selección directamente no Concello de Dodro, a través do seu Departamento de Emprego, acudindo á Casa do Concello ou chamando ao 981802062.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies