Dodro, 27/09/2026 – Este venres, o Pazo de Lestrove acolleu o acto oficial de clausura do Programa Integrado de Emprego do xestionado por Dodro. Un evento que incluíu a Xornada de Experiencias Empresariais. O PIE é unha iniciativa de carácter estratéxico orientada a reforzar a empregabilidade e a inserción laboral de 100 persoas desempregadas.

No programa participan os concellos de Rois, Valga, Pontecesures, Padrón, Catoira e Dodro, que foi o encargado de xestionalo en esta edición. O programa, que vén executándose ao longo dos últimos meses, integra accións formativas, obradoiros especializados e itinerarios personalizados de orientación laboral, deseñados para favorecer a incorporación efectiva ao mercado de traballo.
A iniciativa está cofinanciada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e por fondos finalistas do Servizo Público de Emprego Estatal, no marco das políticas activas de emprego impulsadas en Galicia.




O acto institucional comezou coa participación dos alcaldes dos concellos de Dodro, Pontecesures, Padrón, Catoira, Rois e Valga, así como do director territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña, Juan José Couce Prego.
Seguidamente, celebrouse o coloquio empresarial, no que interviron representantes de empresas de referencia na contorna, como SIF SL, STAC SL, Cortizo SA, FINSA, Ana Muñiz SL, FESBA S.L. e outras entidades convidadas.
Durante a sesión, as compañías presentarán a súa actividade, os perfís profesionais máis demandados e os seus procesos de selección, permitindo ás persoas participantes acceder de maneira directa á realidade do tecido empresarial da comarca.
Nesta edición o Programa Integrado de Emprego xestionado por Dodro acadou uns resultados de inserción altamente positivos, dado que o 48% das persoas participantes formalizaron un contrato de traballo e, ao menos, o 37% chegarán a cumprir o obxectivo de inserción establecido na normativa reguladora. pola que se rexe este programa.
Tamén contribuíu de forma decisiva ao fortalecemento das competencias profesionais das persoas participantes, especialmente en sectores cunha elevada demanda de emprego, consolidando o impacto formativo e a eficacia das accións desenvolvidas.
Con estes resultados, o Concello de Dodro reafirma o seu compromiso coa promoción de políticas activas de emprego e coa creación de itinerarios formativos eficaces, que continuarán impulsando o desenvolvemento socioeconómico da comarca e abrindo novas vías de futuro para a cidadanía.
