займ срочно

Dodro pide civismo ante o lixo incontrolado

0

Bisbarra, 27 de xullo do 2023 – O lixo incontrolado é algo habitual e o concello de Dodro o ven sufrindo nos últimos tempos e pídelle a cidadanía civismo.

Nunha publicación, con abundantes exemplos en imaxes, o concello de Dodro denuncia o uso por particulares de contedores, de pequenas obras que se están levando a cabo, para deixar outro tipo de lixo que non corresponde. Unha práctica que acaba por xerar un vertedoiro.

Estas practicas, explica o concello, supón un custo extra ao verse obrigado a retirar os contedores ata atopar unha solución ao problema. Con todo o concello recoñece que os responsables non teñen porque ser veciños pero as consecuencias son as mesmas.

Dodro apela ao sentido común, ao civismo e a cumprir as normativas para combatir este tipo de prácticas “a solución mais sinxela suporía unha utilización razoable do servizo, pero isto despois de case 3 anos, vese moi complicado, xa que estamos a observar o seu uso por parte de empresas, incluso de outros concellos, cando elas mesmas deben encargarse desa xestión dos residuos”.

O abandono de materias nas estradas, ou outros residuos (neveras, mobles…) ao lado dos contedores din desde o concello que  “non e cívico, nin normal cando o  concello dispón de un servizo para estes usos, de sobra coñecido polos seus veciños, e en todo caso ao seu servizo si se consulta”.

O concello remata cunha reflexión que serve para calquera concello “non nos merecemos que Dodro sexa un sitio cheo de lixo alá por onde andemos. Si TOD@S utilizamos o sentido común o concello será un lugar mais limpo e sen lixos”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies