Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Dodro
  • Xeral

Xabier Díaz presenta o seu novo libro – disco en Dodro

dodro presentacion disco xaboer diaz SLIDE 4 abril 2025

Será o vindeiro 23 de abril no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón. Un libro – disco que reúne parte do traballo de recollidas e entrevistas que Xabier levou acabo ao longo de toda a xeografía galega entre o 1989 e o 2012.

O mércores 23 de abril, ás 20.00 h CPI Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro, Xabier Díaz presentará “Cancioneiro galego serodio (1989 – 2012)” ou como el mesmo di “Unha viaxe polo país da mil muiñeiras”. Unha presentación que se fai en colaboración coa Deputación da Coruña.

O nome de “serodio” parte, segundo Díaz, de que o seu ámbito temporal pon o foco no último cuarto do pasado século e apenas as primeiras décadas deste. Un cancioneiro que presenta apuntes e descubertas “pouco coñecidos aos que non se lles tiña prestado atención, por difícil que poida parecer”.

En este libro – disco, que recolle anos de investigación, Xabier Díaz contou coa colaboración de informantes e cantareiras de Dodro. Como exemplo a seguinte peza publicada nas redes polo autor:

Castañetas de loureiro,

quen ten amores non dorme

 senón o sono primeiro.

𝐑𝐞𝐛𝐨𝐢𝐫𝐚𝐬 (𝐋𝐚𝐢́𝐧̃𝐨, 𝐃𝐨𝐝𝐫𝐨, 𝐀 𝐂𝐨𝐫𝐮𝐧̃𝐚)

Un traballo que abrangue o total do territorio galego, as catro provincias, e mesmo os territorios arraianos. Un disco que nace da “viaxe dun mozo de vinte anos que comeza a facer traballos de campo” e que contribúe a revalorizar a música e baile que dura ata os nosos días.

Como explica Xabier Díaz “a transcrición dos textos líricos das case cincocentas entrevistas que foron realizadas ao longo de trinta anos de camiño, vén adornada de anécdotas, sorpresas, e fantásticas historias das propias informantes, protagonistas tamén das fotos, e dunha morea de audios orixinais das compilacións”.

Desde o concello de Dodro convidan á veciñanza a participar de esta presentación e desfrutar da nosa música e dun dos nosos máis queridos músicos e estudosos do floclore galego.

Post navigation

Previous: Boqueixón destina máis de 1,8 millóns de euros ao SAF
Next: O local como punto de partida dunha Ciencia con conciencia

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.