
O premio honra a memoria do poeta de Laíño Eusebio Lorenzo Baleirón, autor dos poemarios Os días olvidados e O corpo e as sombras, ademais de ensaios e o libro de narrativa xuvenil O libro das viaxes e dos soños. Baleirón morreu de xeito prematuro en 1986, aos 24 anos. O premio que leva seu nome é dos máis antigos e máis queridos de Galicia.
Ao premio poden optar todos os maiores de 18 anos que non gañaran en algunha das catro edicións anteriores. Esta dotado cun premio de 2.500 euros, a edición na editorial compostelán Chan da Polvora e o gañador terá ademais 25 exemplares de esa edición.
Os traballos deberán ser orixinais, non premiados en outros premios e non estar rexistrados nin total nin parcialmente. Os poemas serán de temática libre e terán unha extensión mínima de 500 versos e máxima de 800.
As bases completas poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia do 23 de xullo pasado e no seguinte enlace. https://axendacultural.aelg.gal/wp-content/uploads/2023/07/2023_0000005826_00001.png