Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Dodro
  • Xeral

O concello de Dodro presenta o Premio Eusebio Lorenzo Baleirón para estudantes

Concello-de-Dodro-slide_102320_r

Bisbarra, 15 de novembro do 2024 – O concello de Dodro ven de convocar o premio Eusebio Lorenzo Baleirón para alumnos de infantil, primaria e secundaria do concello.

Concello de Dodro

O Obxectivo do premio e promover o uso do galego e a creación artística entre os estudantes do concello. O concurso inspírase na obra de Lorenzo Baleirón “Libro dos viaxes e dos soños”, publicada en 1985 e dirixida á infancia e a mocidade.

Baleírón publicou este texto con 23 anos e na última páxina escribía “Esta é a historia dun suceso non sei se pasado ou presente, non se soñado ou vivido”. As obras que se presenten deberán inspirarse precisamente nos viaxes e nos soños.

Bases

As bases están a disposición dos participantes na web do concello, www.dodro.gal . Convócanse dúas categorías, a primeira de imaxe creación literaria pide a creación dunha composición que fusione un debuxo, imaxe, ilustración ou pintura cun poema ou relato.

A segunda categoría é a de vídeo creación literaria e propón crear unha composición que fusione imaxe, son, movemento e texto dando como resultado un videorrelato ou un videopoema.

Establécense tres premios, un para cada un dos niveis de ensino (infantil, primaria e eso) nos que cada ganador recibirá un lote de libros. As obras, en galego, serán orixinais e inéditas.

Os textos, imaxes, ilustracións ou elementos usados nas composicións terán que estar libres de dereitos de autor. Cada participante só poderá entregar un traballo en soporte dixital.  O prazo de recepción de obras remata o vindeiro día 10 de decembro as dúas da tarde.

Post navigation

Previous: Pintadas contra ALTRI na Casa do Concello de Ames
Next: Os Tiki Phantoms hoxe e Shannon & The Clams novas citas do Outono Códax Festival

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.