Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Dodro
  • Xeral

O Goberno de Dodro non consigue aprobar a suba da taxa do lixo

DODRO PLENO EXTRAORDINARIO SLIDE 18 ABRIL 2025

PP, Unidade Veciñal de Dodro e Xente de Dodro tumbaron a suba da taxa do lixo obrigando ao concello a incumprir a lei. Por outra banda aprobouse a suba do abastecemento, saneamento e servizos deportivos

Imaxe de arquivo dun pleno anterior

O pleno ordinario de Dodro deixou contradicións sobre as necesidades de manter os servizos e acatar a lei. Os mesmos que defenderon a suba dunhas taxas votaron en contra do incremento da única que era obrigada por lei.

O pleno xa se presentaba como unha incognita ao estar en minoría o goberno socialista de Xabier Castro. Unidade Veciñal de Dodro e BNG, socios de coalición no anterior mandato tiñan na man as subas e, en consecuencia, os recursos económicos para manter en parte ese servizos.

O primeiro foi o do abastecemento e as forzas progresistas mantiveron a unidade e votaron a favor cos mesmos argumentos. O incremento de prezo equivalente á suba do IPC está recollida no contrato e non ofrece moita dúbida.

Sen embargo Xente de Dodro e PP, antigamente baixo as mesmas siglas populares, votaron en contra. Unha decisión que sorprende por incoherente xa que o contrato foi asinado por eles cando gobernaban. Só Xente de Dodro suxeriu deixalo para máis adiante e aprazalo, sen dicir que o ano que ben o IPC pode volver a subir polo que de pouco serviría.

O mesmo resultado e os mesmos argumentos no caso da taxa de saneamento. PP e Xente de Dodro volveron a votar en contra co argumento de non cargar aos veciños con máis custos. O alcalde, Xabier Catro, lembroulles que eles tamén subiran os prezos en máis dunha ocasión mentres gobernaban baixo unhas mesmas siglas. Ademais de insistir en que son subas recollidas no contrato que eles asinaron.

O incremento das taxas por servizos deportivos tamén foron aprobadas cos votos do equipo de goberno do Psoe, Unidade Veciñal e BNG. Unhas taxas que non se actualizaban desde o 2014 e que ademais son deficitarias en 45.000 euros. PP e Xente de Dodro volveron a votar en contra.

Taxa do lixo

Foi a taxa do lixo a que non puido saír adiante polo voto en contra de Unidade Veciñal de Dodro que insistiu en que antes de levar a taxa a pleno terían que telo consensuado con eles. Unha taxa que está subindo en tódolos concellos e que, como lembraron o alcalde, Xabier Castro, e o Tenente de alcalde, Ramón Abuín, é consecuencia da subida de prezos de SOGAMA e dunha lei que impide que sexa deficitaria.

A perda da votación leva ao goberno socialista a incumprir a lexislación, sen que se saiba moi ben que consecuencias pode ter. Por outra banda isto obrigará a reducir outras partidas e, en consecuencia, outros servizos.

Xosé Ramón Reboiras Noia fillo predilecto a título póstumo
O pleno do concello Dodro aprobou tamén por maioría absoluta, a declaración de fillo predilecto a título póstumo de Xosé Ramón Reboiras Noia, cando se compren 50 anos do seu falecemento. Moncho Reboiras naceu en Imo, na parroquia de San Xoán de Laíño e foi un sindicalista e opositor á ditadura franquista.
Tras estudar e vivir en Vigo trasladase a Ferrol e comeza a traballar en Astano e a impulsar a Fronte Cultural Galego, un dos catalizadores culturais naquel momento en Galicia. Ao tempo mantivo a súa loita sindical e a defensa dos traballadores como membro da UPG.
En agosto de 1975 morre tiroteado pola policía franquista nunha rúa de Ferrol, a súa morte provoca o exilio de moitos compañeiros a Portugal onde acababa de triunfar a revolución dos caraveis. O concello de Dodro organizará proximamente un acto onde se entregará a distinción á familia. 

Post navigation

Previous: Compostela impón cinco sancións a Urbaser, concesionaria da recollida de lixo
Next: Henrique Monteagudo fala do mito de Castelao nos Luns do Ateneo

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.