Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Dodro

Boa nota para Dodro na revisión do Consello de Contas

No informe de fiscalización do Consello de Contas considera que Dodro atópase nun nivel de madurez económica alto.

DODRO PPLENO SETEMBRO 19 SETEMBRO 2026

Dodro, 19/09/2026 – O pleno de setembro en Dodro aprobou distintos asuntos de importancia como convenios de colaboración cos concellos veciños, o POS adicional 2 da Deputación ou o informe fiscalizador do Consello de Contas.

O Consello de Contas, na reunión do pasado 29 de xullo, emitiu un informe sobre o estado económico do concello de Dodro. O informe é resultado da remisión obrigatoria de información á que están obrigadas as entidades locais de Galicia, envío no que ademais deben facer constar o entorno de control interno,  os contratos e os convenios asinados.

Este informe corresponde ao segundo trimestre do ano e da como resultado un nivel de madurez económica alto, segundo o Consello de Contas. Un resultado que avala a xestión económica do concello de Dodro.

POS Adicional 2

A sesión aprobou cos votos do PSdeG, Unidade Veciñal de Dodro e BNG, e as abstencións de Xente de Dodro e Partido Popular, O Plan de Obras e Servizos Adicional 2 da Deputación da Coruña que supón un investimento de 299.000 euros.

Os proxectos que se acometerán serán a Melloras no Lavadoiro de Castro, Melloras no viario de Rebixos a Susavila e outros e a reparación da escola unitaria de Traxeitos nunha primeira fase.

Na segunda fase do plan acometerase a mellora viaria en Lestrobe e outros, a Mellora do viario de Teaio a Bustelo, a mellora do viario en Bexo, a Mellora do viario do Muiño da Devesa en Teaio, e a Mellora do viario do norte na Devesa ao campo da Chisca.

Convenios de colaboración

O plenario de Dodro aprobou dous convenios de especial importancia para a demanda de xudas á Xunta de Galicia. Por unha banda o acordo entre Dodro e os concellos de Padrón, Valga, Rois, Catoira e Pontecesures para pedir unha axuda destinada ao programa integrado de emprego 2026 – 2027. Este convenio aprobouse cos votos a favor de todos os partidos excepto Xente de Dodro que se abstivo.

Por outra arte aprobouse o convenio de colaboración cos concellos de Dodro, Padrón, Valga, Rois e Rianxo para a solicitude dunha axuda destinada ao Proxecto de Prevención de Conductas Aditivas que tamén foi aprobado co apoio de todos os partidos excepto Xente de Dodro que volveu a absterse.

Mocións

No pleno presentouse unha única moción por parte do Partido Popular sobre a defensa da soberanía española de Ceuta e Melilla. Unha moción rexeitada que contou cos únicos votos a favor do Partido Popular e Xente de Dodro.

Post navigation

Previous: Feira Labrega este domingo en Brión
Next: “A barca dos Pepes” chega ao Museo do Pobo Galego

Máis novas

FOLGA
  • Xeral

Lindeiros apoia a folga

ames bng cortes de luz 10 niovembro 2026
2 minutes read
  • Ames

Lanzan unha campaña para denunciar os cortes de luz en Ames

compostela informe icomos gargolas 10 novembro 2026
8 minutes read
  • Xeral

Veciños e asociacións valoran o informe de ICOMOS sobre as gárgolas do Hostal

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (835) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2705) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.