Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Dodro
  • Xeral

O alcalde de Dodro vinculará os orzamentos a unha cuestión de confianza

DODRO PLENO EXTRAORDINARIO SLIDE 18 ABRIL 2025

O alcalde de Dodro, Xabier Castro, explica que os orzamentos “son os únicos posibles” e deles depende o financiamento do SAF  e a nova RPT.

Cando en Lindeiros falamos de concellos pequenos antes o despois aparecen os problemas de financiamento. Nos últimos exercicios a aportación de estes municipios ao Servizo de Axuda ao Domicilio, SAF, acaba por condicionar todo o orzamento, si se suma ogsto en persoal apenas queda nada.

Dodro levou a un pleno extraordinario estas dúas cuestións, orzamentos e RPT, coa intención de aprobar unhas contas que estabilizará a situación municipal. Sen embargo o goberno socialista de Xabier Castro non atopou máis apoio que o do BNG, insuficiente para sacar as contas adiante.

Os nacionalistas explicaron que non eran os seus orzamentos pero que se incluíran cuestións por eles demandas e polo tanto os apoiarían. Pola súa banda tanto PP como Unidade Veciñal de Dodro pedían unha cousa e a contraria, querían máis investimento pero non estaban dispostos a apoiar os orzamentos.

Xente de Dodro pola súa banda seguiu na mesma tónica dos últimos plenos. No anterior xa advertira que todos os seus votos serán negativos e en este volveu a insinuar corruptelas que a xustiza ven de aclarar que non existen.

A non aprobación dos orzamentos leva ao alcalde, Xabier Castro, a vinculalos a unha cuestión de confianza. Volverán a pleno, si se perde a cuestión de confianza a oposición terá un mes para presentar unha moción de censura e se non a presenta os orzamentos quedarán aprobados.

Si se gana a moción de confianza tamén quedarán aprobados. Si se presenta unha moción de censura e se perde tamén quedarán aprobados e a gana que se presente a alcalde será o novo rexedor.

RPT Relación de Postos de Traballo, RPT, que inclúe unha praza de arquitecto a tempo completo e asume tres postos xa fixos que foron regularizados dentro do proceso de estabilización de funcionarios impulsado desde o goberno central no último ano.

Esta nova RPT depende da aplicación do novo orzamento xa que o gasto de persoal increméntase e non se pode asumir cunhas contas prorrogadas. Esta é unha das razóns, xunto co financiamento do SAF, argumentadas polo equipo de goberno para vincular os orzamentos á cuestión de confianza.  

O novo pleno que se convocará obrigará aos grupos da oposición a definir unha opinión clara sobre que se pode facer. Xente de Dodro, previsiblemente, votará en contra sen explicar ben porque pero tanto PP, como Unidade Veciñal e BNG deberán decidir que queren facer.

Post navigation

Previous: Ver Compostela con outros ollos
Next: A Fundación Granell celebra o Día Internacional do Libro

Máis novas

diego luis diaz alcalde val do dubra primer plano 5 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Diego Luís Díaz, alcalde de Val do Dubra

a banha nova umeracion 5 outubro 2026
3 minutes read
  • A Baña

A Baña prepara a nova numeración municipal en 11 parroquias

santa comba mellora de viarios 5 outubro 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Santa Comba licita a mellora de viarios

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

compostela-transporte-urbano-slide-30-agosto-2022_r
2 minutes read
  • Xeral

O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.