Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Dodro
  • Xeral

Dodro consigue aprobar a licitación do SAF no pleno de marzo

dodro licitacion saf NORMAL 24 marzo 2025

A ausencia de tres concelleiros da Unidade Veciñal de Dodro, a abstención do PP e o apoio do BNG e do PsdeG (gobernando en minoría) posibilitou a continuidade do Servizo de Axuda no Fogar

Traballar en minoría obriga aos concellos nos que o goberno municipal está en esta situación a facer equilibrios en cada pleno. O Servizo de Axuda no Fogar é xa un servizo imprescindible en Dodro e en calquera outro municipio.

No pleno ordinario de marzo o goberno socialista de Xabier Castro conseguiu in extremis, e co apoio do BNG; aprobar a nova licitación do servizo. Os seus socios de goberno na anterior lexislatura, Unidade Veciñal de Dodro, votaron en contra xa que demandaban unha municipalización imposible de asumir polo custo do persoal” segundo o equipo de goberno.

O argumento de Xente de Dodro para votar en contra foi moito máis radical, e absurda. O voceiro, Valentín Alfonsín Somoza (membro do PP ata esta lexislatura) avanzou desde o primeiro momento que “ a súa norma é votar en contra de todo”. Somoza sen embargo quedouse só no pleno xa que os outros tres concelleiros do seu grupo non asistiron por razóns descoñecidas.

Pola súa banda o Partido Popular viña reclamando esta licitación desde hai tempo e optou pola abstención o que tamén posibilitou a aprobación. Desde o equipo de goberno o alcalde, Xabier Castro, indica que “A non aprobación de este procedemento tería sido un problema grave para os veciños e veciñas do concello, xa que suporía un parón nun dos servizos máis demandados no concello. Agora poderá comezar un proceso que rematará coa adxudicación do SAF”.

O pleno aprobou tamén unha modificación de crédito e un recoñecemento extraxudicial de crédito, relacionados coa xestión e o pago do SAF. No apartado de mocións o BNG conseguiu o apoio da corporación para un recoñecemento ás cantareiras do municipio.

Post navigation

Previous: A sociedade di NON a Altri e á Mina de Touro
Next: Transporte metropolitano: mal servizo e multas aos usuarios?

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.