Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Dodro
  • Xeral

O goberno de Dodro perde a cuestión de confianza

Concello-de-Dodro-slide_102320_r

O resultado non variou as previsións e concretouse cos votos esperados. A oposición de Dodro ten agora trinta días para presentar unha moción de censura ou os orzamentos quedarán aprobados definitivamente.

O equipo de goberno de Dodro poderá ter os orzamentos aprobados en trinta días. O pleno extraordinario de este mércores rematou coa perda da cuestión de confianza polo goberno municipal, pero tamén deixou claro que na oposición non se dan as condicións para unha moción de censura.

O único apoio recibido polo goberno socialista en minoría foi do BNG. Os nacionalistas mostraron, segundo as súas palabras, coherencia xa que “si apoiamos o orzamento por incluír parte das nosas propostas, ou apoiamos a Relación de Postos de Traballo que levabamos pedindo anos; non podemos deixar de apoiar esta cuestión de confianza”.

O resto dos grupos repetiron esquemas e argumentos doutros plenos, mesmo actitudes. O discurso máis ultra foi o da Agrupación Política Xente de Dodro. O seu voceiro, Valentín Alfonsín Somoza, (que marchou do PP e montou este partido ao ser descartado como candidato) volveu a lanzar todo tipo de acusacións, sen argumentos ou presuntamente mentindo,  ao goberno de Dodro pero tamén a Unidade Veciñal de Dodro.

O Partido Popular centrou as súas críticas en temas como o lixo ou os servizos sociais. O que máis sorprendeu foi a afirmación de que a fórmula de vincular os orzamentos a unha cuestión de confianza era legal pero non democrática, algo difícil de entender.

Unidade Veciñal de Dodro fixo un longo e pesado repaso polo seu traballo na anterior lexislatura e polas peticións realizadas ao longo desta para concluír que non podía apoiar ao goberno xa que non se tiveran en conta esas demandas.

O alcalde, Xabier Castro, respondeu a todas estas críticas e en especial a Xente de Dodro, a cuxo voceiro tivo que advertir que moderara a linguaxe e a actitude. Castro lembroulle, entre outras cousas, que “presentou unha querela criminal contra cinco concelleiros, o alcalde e dous traballadores que foi sobreseída e que costará ao concello máis de 13.000 euros”.

O alcalde de Dodro rematou o pleno lembrándolle a oposición que ten 30 días para presentar unha moción de censura, algo qe visto o pleno parece moi difícil que se dea.

Post navigation

Previous:  Volven a Compostela as Pint of Science
Next: Compostela recibe ó VI Festival Plataforma

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.