Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Dodro
  • Xeral

Dodro inaugura o seu “Paseo das estrelas”  en conmemoración do Día Internacional da Muller

dodro paseo estrelas 8m LIDE 16 marzo 2025 (2)

A praza do concello acolle xa  o “Paseo das Estrelas” que homenaxea a 20 mulleres de tódolos ámbitos e sectores da cidadanía como conmemoración do 8 de Marzo.

O Salón de Plenos de Dodro, ateigado de xente, foi hoxe o punto de partida do acto central de conmemoración do Día Internacional da Muller, celebrado o pasado 8 de marzo.

O alcalde  Francisco Xabier Castro, xunto cos membros do goberno recibiron á cidadanía. Durante a presentación do acto, a concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Relacións Veciñais, María Teresa Batalla, destacou que “O Paseo das estrelas de Dodro xurdiu como unha idea para visibilizar a importancia das mulleres na sociedade, de todas as mulleres, sexa cal sexa a súa condición, relixión, idade, formación, profesión…porque todas sodes importantes e necesarias”.

Despois da visualización dun vídeo no que se explicaba a traxectoria das homenaxeadas, entregouse un agasallo e realizouse a lectura do manifesto do 8M. Xa na Praza do concello, o alcalde procedeu a destapar a placa xenérica do paseo e despois cada unha das 20 mulleres destaparon a súa estrela, ao puro estilo de Hollywod. 

Este paseo irase aumentando cada ano coincidindo co 8M. Nesta primeira edición rindeuselle homenaxe a:

1. Concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Relacións Veciñais. Mª Teresa Batalla Romero 

2. Muller inmigrante Hiba Makiyah 

3. Muller deportista Verónica Calvo Dopazo 

4. Representante Centro Día maría a. Couto feteira 

5. Representante Escola Infantil Virginia Calvo Cardama 

6. Representante do CRA Milagros González Laceiras

7. Representante das mulleres maiores. Minia Fernández González

8. Representante de Amipa-persoas con discapacidade Inés Varela Romero

9. Representante de Andaina-Prosaúde mental Carmen Tourís Reboiras 

10. Muller universitaria e Representante da ANPA. Isabel Queiruga Figueiro 

11. Poeta e representante colectivo LGTBI+ Anaís Iglesias Francisco

12. Muller coidadora de persoas maiores ou dependentes. Gloria Romero Vidal

13. Muller emprendedora. Tania Casal Calvo

14. Representante Centro Saúde. Estrella Ponce García

15. Muller supervivente. Mª Esther Rodríguez Abuín

16. Nai con responsabilidades familiares non compartidas. Mª Yolanda Silva Ares

17. Homenaxe póstumo á muller máis lonxeva. Soledad Tarrío Pérez.

18. Representante CPI Ana Fernández Pérez

19. Embarazada ou lactante Alicia Pérez Bustelo

20. Muller que este ano cumpra a maioría de idade. Alma Souto

Post navigation

Previous: Os socialistas expulsados en Santiago irán á xustiza ordinaria
Next: A Igrexa da Universidade acolle á Banda da Loba

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.