займ срочно

Rehabilitación don CPI Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro

0

Bisbarra, 17 de novembro do 2023 – O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Dodro, Xavier Castro, supervisou o resultado das obras de rehabilitación do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón.

As obras que están practicamente rematadas supuxeron un investimento de 1,4 millón de euros. Unha actuación que supuxo a rehabilitación integral de todo o edificio.

O obxectivo final foi mellorar a eficiencia enerxética e a comodidade dos usuarios. Renoouse toda a envolvente do edificio que inclúe desde as fachadas, ás cubertas ou a carpintería. Substituíronse tamén todas as luminarias e habilitáronse novas ramplas e pasamáns co finde mellorar a accesibilidade.

Na actualidade estase rematando coa construción dunha pérgola na zona de acceso que substitúe a existente entre o edificio de primaria e secundaria. A obra tamén contempla actuacións no interior do inmoble, coa reforma dos aseos de primaria e coa renovación da biblioteca actuando para que os espazos sexan máis iluminados e ventilados e renovando o chan.

Toda a obra encaixa no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica da Xunta de Galicia que ten como obxectivo principal impulsar novos espazos escolares “máis innovadores, sostibles e confortables, acordes cos novos retos de futuro da educación

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies