займ срочно

Dodro trata de non perder un parque infantil

0

Bisbarra, 31 de xaneiro do 2024 – O concello de Dodro denuncia que a mala xestión do ex alcalde Valentín Alfonsín, pode privar á veciñanza do uso do parque infantil do Rialiño.

Durante o seu mandato, como alcalde polo Partido Popular, acordou a construción dun parque infantil en terreos que non eran municipais.

Os propietarios dos terreos decidiron incluír estes,  no proceso de concentración parcelaria polo que o risco de que se teña que deixar de usar é real. Podería perderse ademais o investimento realizado no seu día pola Deputación da Coruña e que supuxo máis de 35.000 euros.

O alcalde de Dodro, Xabier Castro, explica que iso hoxe sería imposible de levar a cabo “Hoxe non contaría con informes favorables que permitirán realizar este tipo de obras;  sen a seguridade absoluta do non investimento de cartos públicos en propiedades particulares”.

Castro amosase  tamén moi enfadado pola actitude do antigo alcalde “Non se pode pedir nas redes sociais que se limpe unha finca que él ben sabe non é propiedade do concello, e moito menos cando fuches ti o que xerou todo isto”.

Desde o concello trátase de negociar  para a consecución dunha finca a nome do concello de tal xeito que os terreos sexan definitivamente propiedade dos veciños e o parque póidase seguir utilizando.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies