Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Dodro

Dodro presenta o libro gañador do  XXXVIII Premio De Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

A autora, Inés Mosquera Calvo, participou nun acto celebrado no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón

Presentación do libro do premio de poesía eusebio lorenzo baleirón que entrega o concello de Dodro

Dodro, 26/05/2026 – O Concello de Dodro celebrou o pasado sábado a presentación da edición da obra gañadora do XXXVIII Premio De Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón. O pasado mes de novembro o xurado elixiu a obra “Upupú” da poeta Inés Mosquera Calvo como gañadora, e entregoulle o premio no mes de decembro.

A obra foi elixida entre corenta e dúas candidatas presentadas. O xurado estivo composto polas poetas María Lado Lariño, Noelia Gómez Calvo e Miguel Cavadas Docampo, xunto co alcalde e o concelleiro de Cultura de Dodro.

Na acta o xurado destaca da obra a referencia ao paxaro Upupú que “soa ao longo dos poemas como unha oración, e álzase por riba de todo: da dor, da enfermidade, da vergonza. Dividido en cinco partes: Lingua de xirín, Ás de pardal, A vergonza de amá, Bubela e a Ditadura da bubela. O poemario contén diversas citas de poetas (case todas mulleres) que acompañan no niño que a muller/paxaro artella, un voo preciso”

A gañadora do XXXVIII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, Inés Mosquera Calvo, naceu en Carcacía (Padrón), en 1992. Graduada en Educación Primaria especializada na docencia de linguas estranxeiras e cun Mestrado en Lingüística Aplicada pola Universidade de Vigo. Na actualidade exerce como tradutora.

Iniciou a súa traxectoria no ámbito da creación poética no ano 2022, coa publicación de Papulas Amarelas (Medulia Editorial). No 2023, saíu do prelo o segundo libro de poemas, Nonmesquezas. En paralelo, foron publicándose outros textos poéticos en volumes colaborativos como Dorna ou Domingo das Mozas.

No acto de entrega participaron a coordinadora do certame, Silvia Penas; a autora Inés Mosquera e Manuel Martinez en representación da editorial Chan da Pólvora, ademais do alcalde de Dodro, Xabier Castro e o concelleiro de Cultura, Ramón Abuín.

Post navigation

Previous: A senda da Xunta entre o Milladoiro e Compostela segue no centro da polémica
Next: Festa do Sancosmeiro 2026

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.