Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Dodro
  • Xeral

Miguel Cavadas gaña o XXXVII Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

dodro-ganhador-premio-eusebio-lorenzo-baleiron-slide-25-novembro-2024_r

Bisbarra, 25 de novembro do 2024 – O poeta Miguel Cavadas ven de gañar o XXXVII Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón que organiza anualmente o concello de Dodro.

Miguel Cavadas

O xurado do certame acordou, por maioría, outorgarlle o galardón a Miguel Cavadas pola “Frescura dunha voz poética que nos convida, sen ornamentos e dunha maneira moi honesta, a unha reflexión sobre os distintos xeitos de vivir o desarraigamento, o conflito de identidade que supón abandonar o fogar”.

O xurado tamén destaca a “ollada sensible e crítica a través dunha lírica descarnada e aínda así tenra e un ritmo envolvente desde o primeiro ao último verso. Este poemario ofrécenos dúas visións, un diálogo entre a emigración de antes e de agora, do que significa construírse e medrar lonxe das raíces e do contacto coa caste do apelido. Vivir, case apenas, cun nome de pía por toda bandeira”.

Esta edición do premio estivo coordinado pola poeta Silvia Penas e o xurado composto por Lucía Aldao, Manuel López e Samuel Merino xunto co alcalde e o concelleiro de Cultura de Dodro, Francisco Xabier Castro Tourís e Ramón Abuín Gómez.

O gañador do XXXVII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, Miguel Cavadas Docampo, naceu en Vigo en 1996, é escritor, guionista e creador escénico. Estudou filoloxía na USC e despois marchou a Los Ángeles (California) cunha Beca La Caixa para formarse en escrita para o cinema. Os seus relatos e poemas resultaron gañadores en certames como o Mazarelos (2015, 2019), o Xuventude Crea (2019) e o Díaz Jácome (2020).

Coa compañía de creación colectiva Faísca Teatro estreou dúas montaxes premiadas tamén no Xuventude Crea (2017, 2019). En Estados Unidos foi finalista do prestixioso Paramount Writers Mentoring Program (2022) e formou parte do equipo de guionistas da produtora mexicanoamericana Elefantec Global. Na actualidade compaxina a creación literaria coa súa carreira como guionista autónomo.

O acto oficial de entrega do certame terá lugar o vindeiro, 14 de decembro, no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro, ás 17.30 h. O poemario gañador, “himno nacional” de Miguel Cavadas Docampo, será publicado no ano 2025, nunha editorial de recoñecido prestixio.

Post navigation

Previous: Músicas na Linde: Catuxa Salom
Next: Compostela consegue aprobar a Conta Xeral do 2023

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.