Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

Dodro esixe a limpeza das estradas competencia da Xunta de Galicia

O concello ven de remitir un escrito á Axencia Galega de Infraestruturas esixindo a limpeza das estradas AC-305, AC-306 e AC-307

UNha das estradas de competencia autonómica que atravesan Dodro, chea de maleza

Dodro, 3 de xullo do 2026 – O concello de Dodro reclama á Xunta a limpeza das estradas de competencia autonómica que atravesa o concello. Desde o goberno municipal explícase que o estado de estas vías é “lamentable en certas zonas cun total desleixo no seu estado de conservación, que se exterioriza especialmente nas beiravías con abondosa vexetación que segue medrando”.

O concello de Dodro está atravesado polas estradas AC-305, AC-306 e AC-307 e o seu estado convérteas en perigosas para a circulación de vehículos e peóns. O concelleiro de obras, Ramón Abuín, lembra que “o concello mantén a limpeza das vías de titularidade municipal cunha programación establecida ao longo de todo o ano. Só esperamos da Xuta de Galicia que faga o mesmo”  

O escrito enviado á Axencia Galega de Infraestruturas o concello solicita “Que por ese organismo se poñan os medios adecuados, coa máxima urxencia, para proceder ao acondicionamento e limpeza das beiras das estradas AC-305, AC-306 e AC-307, que discorren polo Concello de Dodro”.

O goberno muicipal lembra ademais que non é a primeira vez que fas estas peticións e que “de ada serve o noso traballo se o desleixo da Xunta deixa estas estradas nun estado lamentable”.

Post navigation

Previous: Parolando con Pela del Álamo, director de Curtocircuíto
Next: ADEGA  asegura que ALTRI incumpre todos os obxectivos ambientais do Regulamento europeo para investimentos sustentábeis

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.