Bisbarra, 10 de febreiro do 2023 – Dodro está presentando nas redes a programación de Entroido que se divide nunha parte “Cultural” e nun “Entroido Choqueiro”.
Será o martes día 22 o que o Entroido Choqueiro tome protagonismo en Dodro. A cita a partir das cinco da tarde 𝗻𝗼 𝗦𝗼𝘂𝘁𝗼 𝗱𝗮 𝗮𝗹𝗱𝗲𝗮 𝗱𝗲 𝗥𝗲𝗯𝗼𝗶𝗿𝗮𝘀. En caso de mal tempo as actividades trasladaranse ao pavillón municipal de deportes.

A festa está pensada para toda a veciñanza e desde o concello convidan a participar. Haberá un espectáculo de animación musical, premios aos mellores disfraces, sorteo dunha cesta de produtos de Carnaval entre o público asistente e degustación popular das “orellas” doces, típicas destas datas.
Dodro prepara ademais unha actividade máis centrada nos cativos do concello. Un Entroido Cultural que terá lugar os vindeiros días 21 e 22. Unha proposta na que se combina a diversión coa educación e que está dirixida a rapaces de 6 a 12 anos.
Desenvolverase o luns e o martes de carnaval, 𝗲𝗻𝘁𝗿𝗲 á𝘀 𝟭𝟬.𝟯𝟬 𝗲 𝗮𝘀 𝟭𝟯.𝟬𝟬 𝗵𝗼𝗿𝗮𝘀, 𝗻𝗮 𝗖𝗮𝘀𝗮 𝗱𝗮 𝗖𝘂𝗹𝘁𝘂𝗿𝗮. Os días 12 e 13 de febreiro, as familias deberán inscribir ás/ós menores que desexen participar nesta iniciativa.