Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Dodro
  • Xeral

Dodro amplía o Paseo das estrelas con motivo do 8M

dodro 8m

Dodro, 05/03/2026  – O concello de Dodro preparase para a celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Desde o Centro de Información da Muller Dodro Padrón este ano ponse o foco na educación e na visibilización.

A primeira das actividades celebrouse esta semana e estivo dirixida á infancia, un xeito de construír un futuro máis igualitario para esta sociedade. O día 2 de marzo difundiuse a campaña “Agresión Off, Eu Digo Non Á Violencia Sexual” entre o alumnado de primaria do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, sementando tolerancia de cara ao futuro.

Mañá 6 de marzo celebrarase o acto central coa lectura do Manifesto Institucional 8M na praza do Concello ás doce do mediodía. A continuación ampliaremos o “Paseo das Estrelas de Dodro” no que este ano  homenaxease a distintas organizacións.

O Paseo das Estrelas inaugurábase hai un ano como “unha idea para visibilizar a importancia das mulleres na sociedade, de todas as mulleres, sexa cal sexa a súa condición, relixión, idade, formación, profesión…porque todas sodes importantes e necesarias”, en palabras da concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Relacións Veciñais, María Teresa Batalla.

Aquel día descubriuse a placa conmemorativa na Praza do  Concello e as 20 primeiras estrelas que este anos serán ampliadas en esta segunda celebración do 8M desde a creación do Paseo.

Dende o Concello anímamos á veciñanza a sumarse ao acto central e facer crecer o noso Paseo das Estrelas. Agardámosvos!!!!! 

Post navigation

Previous: A campaña do 8M en Compostela busca “tecer redes” e “escribir o futuro”
Next: Frades adianta ao venres as actividades conmemorativas do Día da Muller

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.