Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Dodro
  • Xeral

A ANPA do CPI de Dodro organiza un curso de cociña Siria

A ANPA do CPI de Dodro organiza este sábado un curso de cociña siria na escola Abuín de Tembra, antiga escola de Imo, de 11.30 a 13.30.
dodro-curso-cocinha-siria-slide-1-decembro-2023_r

Bisbarra, 01 de decembro do 2023 – A ANPA do CPI de Dodro organiza este sábado un curso de cociña siria na escola Abuín de Tembra, antiga escola de Imo, de 11.30 a 13.30.

O prezo do curso de cociña é de 10 euros para socios e 15 para o resto. O número de prazas é limitado e para inscribirse hai que chamar ao teléfono 644784748.

O curso será impartido por Hiba Makiyah, unha das nais do colexio que vive en Dodro desde hai dous anos. Hiba chegou ao municipio grazas a un programa impulsado desde o concello para acoller a familias con fillos e recuperar poboación no rural.

Tras un periplo que a levou desde Alxeria ata Vigo, Hiba acabou recalando en Dodro onde vive co seu marido e o seu fillo. Aínda que traballa no Servizo de Atención no Fogar ela ten estudos de odontoloxía pero a convalidación do título é cara e supón un proceso moi complicado ao estar expedido en árabe.

Hiba cociñaba de cando en vez pratos típicos da cociña do seu país que daba a probar a amigos e veciños. Foi o alcalde de Dodro, Xabier Castro, o que a animou a impartir un curso. Hiba explica que por ser a primeira vez quería facer pratos que “foran fáciles de preparar, riquísimos e que non foran moi raros para a xente”.

Con esa intención ensinara a preparar humus,  falafel, un tipo de ensalada chamada tabule e para rematar unha sobremesa denominada brabimita que leva coco, leite condensada e pistacho. Todo un repertorio saudable e interesante con sabores novos para os que acudan a este curso.

Post navigation

Previous: Teo demanda melloras no transporte metropolitano
Next: Reclaman unha nova ponte para Codesido, en Rois

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.