Bisbarra, 6 de xuño do 2024 – Dentro do proxecto europeo XSCAPE sobre mentes materiais, un equipo empezou a traballar no petróglifo de Bouza Badín, no Concello de Dodro.
O proxecto estuda como o mundo que construímos chega a transformar a nosa mente e a nosa forma de procesar a información, modificando activamente os patróns de pensamento e atención. O proxecto trata de responder estas preguntas con diferentes técnicas que combinan o seguimento dos movementos oculares coa medición doutros indicadores, tanto fisiolóxicos como de movemento.
A combinación da neurociencia e os modelos computacionales coa arqueoloxía, leva a unha selección coidadosa de materiais e espazos cos que probar de forma experimental as hipóteses do proxecto. Dentro deste marco, o pasado sábado 1 de xuño levou a cabo un piloto experimental no petróglifo de Bouza Badín, en colaboración co Concello de Dodro.
Oito persoas do Concello axudaron á recollida de datos sobre movemento e observación do petróglifo, xerando gran cantidade de datos que o equipo do proxecto XSCAPE analizará nas próximas semanas. Ademais, o vindeiro sábado 8 de xuño ás 18:00, o investigador do proxecto Manuel Santos-Estévez, experto en arte rupestre, conducirá unha conferencia na Casa dá Cultura sobre o petróglifo no contexto da prehistoria galega, seguida dunha visita guiada ao mesmo.
De Certo Xornal from Ribeira, Galicia, España – Círculos do petróglifo Bouza AbadínUploaded by Igrexas, CC BY-SA 2.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=13247470