Bisbarra, 27 de agosto do 2024 – Trinta voluntarios eliminaron acacias no monte da Cruz do Avelán, na parroquia de San Xoán de Laiño en Dodro co fin de recuperar un bosque de ribeira que serva de cortalumes.
Os traballos forman parte do proxecto Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes a Incendios Forestais e Cambio Climático (CAPRIF-CC) que en este caso coordina a Fundación Montescola. A zona fora hai meses limpada pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Cruz do Avelán.
O director da Fundación Montescola, Joám Evans, explicou que accións de voluntariado como esta axudarán aos comuneiros a ”recuperar un bosque de ribeira en toda a zona, que estaba totalmente invadida, para que sirva de cortalumes verde e de corredor de biodiversidade”.
O proxecto CAPRIF-CC desenvolverase ata finais de 2025 en cinco zonas piloto de Galicia e Asturias. Estes terreos caractrízanse por ser zonas rurais de alto valor natural ou áreas queimadas, sendo una delas o denominado Living Lab Barbanza-Ulla-Sar, que comprende os municipios de Dodro, Lousame, Padrón, Porto do Son e Rianxo.
O obxectivo do proxecto CAPRIF-CC é amosar como é posible transformar os territorios, protexéndoos fronte ás ameazas e aumentando a súa resiliencia ante os incendios forestais e o cambio climático. Por outra banda ponse en valor os aproveitamentos multifuncionais do monte e móstrase a súa compatibilidade coa xeración de economía e emprego local.
CAPRIF-CC está financiado pola Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
restauración e mantemento de hábitats de especial interese de conservación, mellora paisaxística e recuperación de espazos de valor cultural e establecemento de áreas cortalumes multifuncionais ou verdes.
Próxima actividade de voluntariado en Padrón
A xornada de voluntariado ambiental celebrada en Dodro non será a única do proxecto CAPRIF-CC na Comarca de Sar, posto que para o sábado 7 de setembro está programada unha nova actividade de eliminación de acacias, tamén de 10.00 a 14.00 horas, no monte do Lapido, na parroquia padronesa de Carcacía. As persoas interesadas en inscribirse deberán enviar previamente un correo electrónico a info@montescola.org. O proxecto CAPRIF-CC está impulsado pola Fundación Juana de Vega, a Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (CEER), a Fundación Centro Tecnolóxico e Forestal da Madeira (CETEMAS), a Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT) e a Fundación Montescola, e conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea cos fondos Next GenerationEu.