займ срочно

Dodro organiza un concurso de fotografía antiga

0

Bisbarra, 13 de novembro do 2023 – O concello de Dodro pon en marcha o concurso de fotografía “Calendario Municipal 2024” co obxectivo de recuperar imaxes antigas do municipio.

O concello busca recuperar antigas imaxes do municipio coa colaboración dos veciños. Imaxes que poidan estar nas casas e por en valor o patrimonio cultural, histórico, natural e paisaxístico de Dodro. De estas fotografías seleccionaranse 12 para o calendario anual que edita Dodro.

Poderán participar todas as persoas, maiores de 18 anos, que o desexen. Cada participante poderá presentar un máximo de 3 fotografías. O formato será apaisado, en branco e negro ou sepia e enviaranse nomeadas cun título ou frase que as describa.

Os participantes enviarán as imaxes ao correo info@dodro.gal seguindo as indicacións das bases. As persoas que non dispoñan de medios electrónicos poderán empregar o equipamento da aula de informática municipal da Casa da Cultura para a dixitalización e presentación das imaxes e documentos precisos.

O prazo de presentación de imaxes rematará o vindeiro 24 de novembro. O xurado estará formado por representantes municipais, técnicos da área de cultura e un profesional da fotografía, publicidade ou xornalismo. Os gañadores recibirán como premio cinco exemplares do calendario que se edite.

As bases do concurso “Calendario Municipal 2024” estarán publicadas na web municipal e incluirán a folla de inscrición.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies