Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Dodro
  • Xeral

Máis demandas de mellora no transporte público

bng dodro transporte slde

Bisbarra, 11 de decembro do 2024 – Unha petición recorrente, un transporte público de calidade. Algo que se demanda desde antes de poñerse en marcha o actual sistema e que ano a ano segue sen solucionarse.

As mocións nos concellos acumúlanse, as propostas no Parlamento galego tamén pero os cambios son escasos e insuficientes. Agora é o BNG de Dodro o que reclama á Xunta que “se cumpra a iniciativa nacionalista aprobada no pleno municipal que recolle ampliación de liñas e máis bonificacións”.

O Bloque demanda da Xunta que cumpra unha iniciativa aprobada por maioría no pleno ordinario de setembro en Dodro e que recolle, entre outras cousas, ampliar a frecuencia de autobuses entre Dodro e Padrón.

A iniciativa, rexistrada no Parlamento Galego, é unha acción máis da campaña que está a desenvolver o BNG de Dodro para a urxente mellora do transporte público, “imprescindíbel para a dinamización social e económica do concello e para frear a marcha de poboación a centros urbanos da comarca”.

O grupo parlamentario do BNG, a través da deputada adscrita á comarca, Iria Carreira, esixirá á Xunta que cumpra cos contidos da iniciativa nacionalista que denuncia en especial a falta de comunicación con Padrón, nunha liña que non ten autobuses no horario de 8:00 horas por Dodro e ás 14: 30 desde Padrón, o que dificulta o acceso a centros de ensino, saúde ou postos de traballo.

O BNG de Dodro reclama crear liñas regulares diarias que pasen por Dodro- Lestrobe- Padrón sobre as 8:00 hs e outra liña Padrón – Lestrobe – Dodro sobre as 14:30. A iniciativa nacionalista aprobada en pleno inclúe tamén medidas sociais como a bonificación para a mocidade, ligadas ao Carné Xove, para as persoas que excedan a idade máxima da Tarxeta Xente Nova e gratuidade no transporte público para estudantes, ademais da unificación de tarifas no concello para evitar as discriminacións.

As mesmas demandas, que o BNG reclama desde hai anos, son as que apoian veciños e veciñas que asinaron unha solicitude para que se cumpra o plan de melloras presentado.

“A recollida de sinaturas demostra o apoio social que existe a estas medidas xa que a mellora do transporte público para a veciñanza de Dodro é unha urxencia se non queremos que o concello esmoreza”, sinala o concelleiro Xoán Bautista Mariño que lamenta que, a tal altura, nin o goberno municipal nin a Xunta atendera ás reclamacións que se producen desde hai anos.

“No BNG seguiremos insistindo até que consigamos un transporte público de calidade, que permita que as veciñas e veciños podan desenvolver a súa actividade vivindo en Dodro”, explica o concelleiro nacionalista que anuncia novas iniciativas até conseguir as melloras esixidas.

Post navigation

Previous: Un novo mercado de Nadal, agora en Ames
Next: Fotografando en Nadal

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.