Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Dodro
  • Xeral

A axuda á dependencia preocupa en Dodro en na contorna

O BNG de Dodro ven de emitir un comunicado no que mostra a súa preocupación pola situación das persoas dependentes e pide que se realice a contratación que deixou preparada
Concello-de-Dodro-slide_102320_r

Bisbarra, 15 de novembro do 2023 – O BNG de Dodro ven de emitir un comunicado no que mostra a súa preocupación pola situación das persoas dependentes e pide que se realice a contratación que deixou preparada na anterior lexislatura.

Desde o goberno municipal infórmase que se está traballando nos pregos do concurso. Lembran ao mesmo tempo que este tipo de contratacións non é a primeira vez que quedan desertas e o obxectivo é que iso non suceda.

O voceiros nacionalista, Xoán Bautista Mariño, era na anterior lexislatura o concelleiro de servizos sociais. No comunicado explica que daquela “estudou todas as vías para a mellor xestión ou incluso a  municipalización do servizo, e rematar coa situación irregular herdada do PP, que non renovou o contrato en prazo”.

No último pleno de Dodro Mariño indicou que “o servizo de SAF Dependencia do que se desentende a Xunta é un servizo impropio dos concellos, pero que atenden con moito esforzo municipal toda Galiza”.

A Xunta só aporta 12 €/h. E usuario e concello poñen o resto. Polos custos de persoal, as constantes altas e baixas, e os orzamentos do concello o BNG chegou a conclusión de que non era posible municipalizalo e preparou uns pregos para licitar o servizo.

Pola súa banda o alcalde de Dodro, Xabier Castro, remítese ao dito no pleno. Explica que se traballa na revisión dos pregos técnicos e administrativos e engade que “Concellos veciños sacaron fai pouco tempo o servizo a concurso, e en algún caso este quedou deserto, xa que ningunha empresa se presentou para conseguir este contrato”.

O goberno de Dodro está ademais mantendo reunións cos concellos veciños “para explorar tamén a posibilidade de mancomunar este servizo e que o concurso non sexa só para Dodro, xa que así sería máis atractivo para as empresas. Agrupar horas e traballadores e garantir calidade e emprego”.

Post navigation

Previous: A hostalería de Santiago acusa a urbanismo de facer un “uso restritivo da norma”
Next: O Santiago(é)tapas celebrarase en febreiro

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.