Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Dodro
  • Xeral

Dodro abre a convocatoria de axudas de emerxencia social

Concello-de-Dodro-slide_102320_r

O concello de Dodro abre a convocatoria de axudas de emerxencia social conforme as bases publicadas este luns no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. Están destinadas a situacións puntuais de necesidade tanto individual como por unidade familiar.

Tal e como indican as bases as axudas poden ser tanto monetarias como en especie. Están destinadas a resolver situacións de emerxencia social, mesmo de forma complementaria a outros recursos ou prestacións que se poidan recibir. De estas axudas poden beneficiarse as persoas ou unidades familiares do concello de Dodro.

As axudas están pensadas para a adquisición de alimentos, roupa ou produtos de primeira necesidade, menciñas, alugueres e subministracións de enerxía, axudas específicas para menores ou calquera outra necesidade distinta que terá que ser valorada polos servizos sociais do concello.

Os solicitantes terán que ser maiores de idade; estar empadroados no concello e ser residentes desde, polo menos, seis meses antes da data da solicitude (salvo informes excepcionais emitidos polo departamento de asuntos sociais) e acreditar a situación de necesidade urxente.

Tamén é preciso que a axuda teña un carácter complementario dentro dunha intervención social iniciada dende o departamento de servizos sociais coa persoa solicitante e a súa unidade familiar. Trátase de que a aportación sexa un apoio para chegar aos obxectivos que se marcaron na intervención.

As axudas están pensadas para aquelas persoas ou unidades familiares que non dispoñan dos ingresos suficientes para afrontar os gastos derivados da situación emerxencia, segundo establecido nos baremos publicados. Estes baremos comezan no 75% do IPREM e van ata o 180% do IPREM dependendo dos casos.

Post navigation

Previous: A triatleta Martina López será a pregoeira das Festas de Pascua de Padrón
Next: Negreira dille adeus ao cobre

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.