Un percorrido circular de 12 quilómetros que se fará a partir das dez e media da noite e pasando por 8 das aldeas do concello.

A Andaina Nocturna Bisbarra do Sar chegará a súa quinta edición o vindeiro venres 30 de maio. Unha cita xa clásica que cada ano acolle a máis afeccionados ao sendeirismo, 150 no 2024. Organizada pola Asociación Colectivo Remonte e o concello de Dodro, terá lugar a partir das dez e media da noite con saída e chegada no Polideportivo Municipal.
A proba consiste nun percorrido circular que pasará por Reboiras, Eiro, Laíño, Manselle, Rialiño, Susavia, Dodriño e Vigo para rematar de novo no Pavillón Municipal. A organización recomenda levar unha pequena mochila con tiritas, vaso ou botella para recoller auga e un frontal ou lanterna.
Ao longo do traxecto haberá pequenas lámpadas luminosas canda cen metros, se non se atopa a seguinte e convinte volver atrás e comezar de novo desde a última localizada. No quilómetro 7, na aldea de Rialiño, haberá un control de paso con auga para os participantes.
Ao rematar entregarase un diploma e repartiranse vasos para poder tomar un chocolate quente e uns melindres. As inscricións para os empadroados en Dodro poden realizarse no departamento de deportes, no 981803522. Os non empadroados dirixiranse a web www.andainabisbarradosar.com . En caso de calquera dúbida o cuestión, a organización pide contactar co 630708435 para aclaralas.
Unha proba distinta e divertida que o ano pasado reuniu a 150 persoas, cifra que este ano espérase superar. Desde o Colectivo Remonte e o Concello de Dodro anímase a todo o mundo a participar e agradece a colaboración de tódolos voluntarios de Protección Civil que axudará a coordinar a proba e da Deputación da Coruña que tamén poia a proba.