Bisbarra, 15 de marzo do 2024 – O concello de Dodro ven de adxudicar dous contratos, cofinanciados pola Deputación da Coruña, por un importe superior aos 180.000 euros.
O máis importante é unha senda de mobilidade sostible que cruzará todo o concello desde Lestrove ata Bexo. Un percorrido que permitirá o paso dos coches de xeito controlado pero que prevé unhas medidas para ser utilizado de forma preferente como senda peonil e ciclista..
O proxecto percorrerá nove quilómetros, contará con bancos e zonas iluminadas nas proximidades dos núcleos de poboación. Crearase nun futuro, unha área específica no lugar da Paxareira de onde parten distintas rutas do concello. A previsión é que se remate ante do fin do verán.
Esta obra financiase cunha subvención nominal ao abeiro do Convenio de cooperación entre a Excma. Deputación provincial da Coruña e o Concello de Dodro. O orzamento total é de 129.639,97 € dos que a Deputación aporta o 80 %, 103.711,97 €, e o concello o 20% restante, 25.928 €. A obra foi adxudicada á empresa Mantido S.L., en este caso o contrato foi asinado o pasado 7 de febreiro.
Por outra banda adxudicouse, ao abeiro do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) POS+ Adicional 2/2022, a mellora do acceso ao lugar de Rial da Lagoa e a pavimentación da aldea de Lestrove.
Unha obra adxudicada á empresa Obras Y Viales De Galicia S.L., na que a Deputación da Coruña aporta 49.782,28 € e o concello 2.150,30 €., completando un orzamento total de 51.932,58 €. O contrato foi asinado xa o pasado vinte nove de febreiro.