займ срочно

Dodro aposta pola mobilidade sostible co apoio da Deputación da Coruña

0

Bisbarra, 25 de xaneiro do 2023 – O concello de Dodro ven de asinar un convenio coa Deputación da Coruña para impulsar a mobilidade sostible no municipio.

O presidente da Deputación, Valentín González, e o alcalde, Xavier Castro, rubricaron o acordo que permitirá acondicionar un viario nas Brañas de Laiño, un espazo que forma parte da Rede Natura 2000.

O orzamento total da execución ascende a 129.639 euros, dos que a entidade provincial aporta o 80 % da financiación, que supón 103.711 euros, e a administración local a cantidade restante, que son 25.928 euros.

Xabier Castro explica que “a vía conta con preto de 7 quilómetros de lonxitude e atravesa o municipio desde a Veiga de Lestrove, no límite con Padrón, ata Bexo, preto de Rianxo, discorrendo en boa parte polo entorno natural das Brañas de Laíño”.  Trátase dunha vía que xa é moi usada polos ciclistas actualmente.

Castro agradeceu o apoio da Deputación “para facer realidade un proxecto moi bonito co que pretendemos impulsar a mobilidade a pé e en bici en condicións de seguridade e accesibilidade”.

Pola súa banda, o presidente provincial, Valentín González, enmarcou este proxecto “na aposta por un novo modelo de mobilidade sostible que estamos a realizar desde a Deputación, e que inclúe grandes obras como a Vía Verde Santiago – Cerceda ou a Senda ZEC do entorno do encoro de Cecebre, pero tamén proxectos coma este, que pretenden fomentar a mobilidade a pe ou en bici entre núcleos rurais de concellos coma Dodro”.

As obras contemplan a delimitación das marxes da vía con zonas de protección e prioridade para o tráfico ciclista, que tamén serán empregadas polos peóns, mellorando a seguridade e a funcionalidade para todos os usuarios e usuarias.

Realizarase ademais unha sinalización completa horizontal e vertical, e instalaranse  21 redutores físicos de velocidade para os automóbiles tipo “lombo de asno”, como medida para regular o tráfico.

Do mesmo xeito repararase o firme existente mediante a colocación de grava e tratamento asfáltico semiprofundo. Selarase toda a superficie en dous tramos acotados do viario. Estas actuacións completaranse coa canalización soterrada de 400 metros para colocar a iluminación pública, que inclúe 19 luminarias sobre báculos de 5 metros de altura, e a instalación de 5 bancos de madeira técnica.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies