Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Lalín
  • Xeral

Novas escavacións no Castro de Doade en Lalín

silleda-presentacion-libro-a-casa-do-patron-slide-30-xaneiro-2018_r

Bisbarra, 11 de xuño do 2024 – A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural continuará con novos traballos de escavación, musealización e conservación do xacemento arqueolóxico do castro de Doade.

Os traballos continuarán nunha zona habitacional,  con estruturas de pedra circulares e buracos de poste, que foron obxecto de consolidación e posta en valor parcial. Desde a Dirección Xeral de Patrimonio explícase que é preciso continuar a escavación arqueolóxica no Castro de Doade para revisar e completar a súa posta en valor, dotando aos restos dun discurso máis unitario.

O xacemento arqueolóxico do Castro de Doade, propiedade na súa maior parte do Museo Etnográfico “Casa do Patrón”, foi obxecto entre os anos 2015 e 2020 de varios proxectos de actuación arqueolóxica, contando cunha Colección Visitable e abudantes actividades das que falamos en Lindeiros a miudo.

Desde o ano 2015, se levaron a cabo 7 actuacións arqueolóxicas promovidas polo Museo Etnográfico; e desde o ano 2016 colabora coa Universidade de Santiago de Compostela, USC, nas prácticas de alumnos do máster, que ademais apórtanlle soporte científico. No ano 2016, a Consellería de Cultura colaborou nun proxecto neste castro, mediante un Convenio de colaboración asinado coa USC para realizar unha escavación en área e a consolidación dunha cabana.

A nivel de protección, o xacemento do Castro de Doade, ou Aurela do Castro, GA36024037, figura no vixente catálogo de protección do PXOM de Lalín polo que, segundo a disposición adicional 2ª da Lei 8/1995 do patrimonio cultural de Galicia, se atopa incluído no Inventario do Patrimonio Cultural.

Os principais obxectivos desta 8ª campaña arqueolóxica no castro de Doade son, a nivel científico, poder facilitar unha comprensión global da zona habitacional do castro rematando e estudando algunhas zonas pendentes de escavar.

No campo da protección, realizar unha limpeza integral da zona e contorna, tomando as medidas necesarias para evitar o futuro crecemento incontrolado da vexetacióne e mellorar a conservación do xacemento, renovando o discurso expositivo do mesmo.

Xa no eido da difusión, potenciar o aproveitamento do castro de Doade como recurso cultural, social e turístico, mediante a realización de visitas libres e guiadas, que continuará organizando a Casa do Patrón, durante todo o ano, apoiadas con vídeos e fotos diarias de difusión e un vídeo resumo ao final das actuacións realizadas e dos achados  localizados, así como a implantación dunha aplicación de realidade aumentada, utilizando códigos QR colocados nos numerosos carteis informativos existentes, que igualmente serán actualizados.  

Post navigation

Previous: Teo apostará por un bus lanzadeira ante a negativa de Compostela a ampliar a liña 6
Next: “Padrón con orgullo” con motivo do Día do orgullo LGTBIQ+

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.