Os concellos de Santa Comba, Negreira, Carnota, Mazaricos, Muros, A Baña y Outes acordaron a disolución da mancomunidade e o peche do matadoiro da Pereira unha vez saldadas todas as débedas da instalación.

Foi un proxecto que tivo máis momentos de crise que de funcionamento. Naceu no ano 1984 pero por cuestións de todo tipo o matadoiro comarcal da Pereira non comeza a funcionar ata 1997. A concesión para a xestión recae na Asociación de carniceiros Xallas Barbanza.
A inversións inicial dos concellos tivo que ampliarse no ano 2001 cando entra un novo socio maioritario que xestiona a instalación ata que un incendio no 2007 paraliza a actividade definitivamente.
O seguro non serviu para a reconstrución e os concellos atopáronse cunha reclamación de ABANCA de 700.000 polos créditos solicitados. As negociacións conseguiron baixar ata os cen mil euros a pagar a partes iguais. No ano 2023 era aboada e pechada a parte económica.
O pasado día 28 de marzo os concellos decidiron nunha reunión iniciar os trámites para a disolución da mancomunidade. Os terreos volverán ao concello de Santa Comba que foi quen os cedeu no seu día. No encontro non só participaron os rexedores, tamén foron convidados os voceiros das distintas oposicións.
Como presidente da mesa exerceu o alcalde de Santa Comba, Alberto Romar e como secretario o funcionario Evaristo Lois. Agora os concellos terán tamén que asumir a partes iguais os custos da tramitación da disolución.