Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Touro
  • Xeral

Dirty Suc, cabeza de cartel Do Ulla Fest 2026

O Ulla Fest celebrarase o 13 de febreiro en Touro, dentro da programación do Entroido

dirty suc ulloa fest_2 7 febreiro 2026

Xa coñecemos o cabeza de cartel do Ulla Fest que se celebrará en Touro o vindeiro día 13 de febreiro en pleno Entroido. Terceira edición dun festival que presenta un formato co que intentará converterse nunha referencia en esta época do ano.

Aproveitando a forte tradición do Entroido en Touro e a súa proximidade a Santiago de Compostela, o Ulla Fest consolídase como unha cita estratéxica para gozar da música en directo nun ambiente festivo e participativo.

O gran protagonista do Ulla Fest será Dirty Suc, que exercerá como cabeza de cartel nun dos mellores momentos da súa carreira. O artista chega ao festival cun directo intenso e auténtico, no que presentará o seu novo traballo, Fillo do mar, sen esquecer os temas que o converteron nunha referencia da escena urbana actual.

Con centos de miles de oíntes mensuais en Spotify e unha xira que percorre cidades como Oviedo, Barcelona, Valencia ou Madrid, Dirty Suc garante un concerto potente e de gran conexión co público. No seu repertorio non faltan colaboracións con artistas como C Tangana, Hard GZ, Alsafir ou 9louro.

Xunto a el, o Ulla Fest 2026 contará cun cartel no que destacan Willow GHZ, Lil Sam, MOVINFAST, DJ Capy, Kike Varela e Lg1do, considerado o artista urbano revelación do que levamos de 2026, configurando unha programación diversa e actual.

O festival celebrarase nunha carpa climatizada situada no Campo da Festa de Fonte Díaz, en pleno centro de Touro, e contará con entrada gratuíta, formando parte das actividades centrais da programación do Entroido.

Post navigation

Previous: A Baña celebra este domingo a XXII Festa da Filloa da Pedra
Next: Lousame recupera o Desfile de Disfraces de Entroido

Máis novas

diego luis diaz alcalde val do dubra primer plano 5 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Diego Luís Díaz, alcalde de Val do Dubra

a banha nova umeracion 5 outubro 2026
3 minutes read
  • A Baña

A Baña prepara a nova numeración municipal en 11 parroquias

santa comba mellora de viarios 5 outubro 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Santa Comba licita a mellora de viarios

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

compostela-transporte-urbano-slide-30-agosto-2022_r
2 minutes read
  • Xeral

O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.