Santa Comba, 30 de xuño do 2021 – O ex Director Xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, declarou nos xulgados pola denuncia aberto da Fiscalía de Medio Ambiente polos vertidos de Santa Comba.
A denuncia da Fiscalía produciuse a raíz da documentación presentada polo colectivo ecoloxista Verdegaia. Xunto a Ángel Bernardo Tahoces declarou tamén Justo de Benito Basanta, ex Secretario Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. Os ex altos cargos están acusados de presunto delito ecolóxico, prevaricación ambiental e falsedad documental.

Tahoces foi cesado en novembro pasado como Director Xeral de Minas. A súa xestión estivo cuestionado desde o primeiro momento por dar presunta cobertura a mineiras como a de San Finx en Lousame, procesos medio ambientais aínda pendentes de dirimir nox xulgados de Noia.
Antes de deixar a Dirección Xeral Tahoces víase envolto en esta nova denuncia da Fiscalía de Medio Ambiente. O proceso está relacionado coa mina de volframio de Varilongo, en Santa Comba. Despois dunha serie de vertidos distintos colectivos ecoloxistas e asociacións veciñais denunciaron que a explotación non tiña Declaración de Impacto Ambiental e advirten do estado no que se atopan as antigas balsas de residuos. O proceso de restauración da mina, aprobado en 2011, teríase feito deixando fora estas balsas e sen os preceptivos permisos medioambientais.
No proceso está tamén implicado o ex Secretario Xeral Técnico da Consellería de Economía e Industria, Borja Verea Fraíz, actual presidente da xestora do Partido Popular de Santiago. Ao ser Deputado autonómico, e estar aforado, o caso de Verea terá que ser visto polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.