Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Compostela

Dinlle aos pacientes do Hospital Provincial de Conxo que traian o seu propio ventilador

O secretario xeral socialista en Compostela, Aitor Bouza, denuncia a situación e a levará ao Parlamento

Vista áerea do Hospital Provincial de Conxo en Santiago, imaxe Google Maps

Vista áerea do Hospital Provincial de Conxo en Santiago, imaxe Google Maps

Compostela, 08/07/2026 – As altas temperaturas están xerando problemas en todo o país. Nas casas cada un apaña como pode pero en escolas públicas ou hospitais como o provincial de Conxo en Santiago, isto é algo que non debería suceder.

O Secretario Xeral dos socialistas de Compostela, Aitor Bouza, denuncia que, lonxe de arranxar o problema, a algúns pacientes “díxoselles que trouxeran o seu propio ventilador”. Bouza engade á crítica que “a área sanitaria Santiago-Barbanza volva ser noticia polas condicións absolutamente inhumanas”.

O dirixente socialista criticou que o Goberno galego leve semanas “vendendo a obra de Conxo como se xa estivera finalizada, como se fora un éxito”, nun exercicio de propaganda que, ao seu xuízo, volve chocar coa realidade que sofren os pacientes.

A resposta da Consellería de Sanidade, lonxe de resolver o problema, agrava aínda máis a denuncia socialista. Bouza censurou que, en vez de rectificar, poñer solucións e garantir a dignidade das persoas ingresadas, “a única solución que lles deu aos pacientes de Conxo foi optar porque poden traer eles mesmos o seu propio ventilador”.

“É absolutamente vergoñento”, afirmou o deputado socialista, que acusou á Xunta de trasladar aos pacientes a responsabilidade de soportar unha situación que debería estar resolta pola administración sanitaria. Para Bouza, “ese é o sistema que está promovendo o Partido Popular en Galicia, o sistema sanitario que quere implementar en Santiago de Compostela”.

O secretario xeral do PSdeG de Santiago anunciou que as e os socialistas levarán esta cuestión ao Parlamento de Galicia. “Non o imos a permitir”, asegurou Bouza, que reclamará “que se culmine canto antes xa todas esas obras para que o sistema de climatizaciónno Provincial de Conxo sexa unha realidade e non soamente unha promesa”.

O deputado socialista advertiu de que non se pode permitir que “haxa pacientes de primeira e pacientes de segunda”. Por iso, esixiu ao Goberno autonómico que deixe de mirar cara outro lado e actúe con urxencia para garantir unha atención sanitaria en condicións.

Para rematar, Bouza reclamou unha sanidade pública forte, con recursos e capaz de atender con dignidade á cidadanía, fronte a un Goberno galego que, segundo denunciou, volve deixar “tirados e tiradas a todos os compostelás e composteláns e a toda área de influencia que precisan dunha sanidade pública en calidade”.

Post navigation

Previous: Frades inviste case 165.000 € na mellora de accesos e pistas
Next: Touro consegue sacar adiante o POS adicional 2025 da Deputación da Coruña

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.