Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

Día Mundial dos Humidais

ADEGA denuncia, no día mundial dos humidais,  a desprotección que sofren estes espazos en Galicia

ADEGA DIA MUNDIAL DOS HUMEDAIS 3 FEBREIRO 2026

Este luns celebrouse o Día Mundial dos Humidais. Foi en 1997 cando a ONU decidiu dedicar este día a estes espazos con fin de recoñecer a súa importancia crítica. Porén, en Galiza, moitos deles seguen degradándose malia a estaren incluídos en figuras de protección.

ADEGA denuncia a desprotección e explica que os humidais prestan servizos ecosistémicos esenciais á sociedade. Son fontes de auga doce e alimentos, ademais de hábitat e zonas de reprodución para moitas especies ameazadas.

Protexen a humanidade dos fenómenos meteorolóxicos extremos e son sumidoiros de carbono moi eficaces: as turbeiras almacenan arredor do 30% do carbono terrestre, o dobre que todos os bosques do mundo xuntos.

Moitos destes humidais están ameazados por factores antropoxénicos: a contaminación, o uso insostíbel da terra, infraestruturas mal planificadas ou o cambio climático, ao que habería que engadir o desleixo das administracións.

Turbeiras decapadas e subsoladas en humidais protexidos

Malia a estaren incluídos no Inventario de Zonas Húmidas de Galiza, un rexistro creado en 2008 e que actualmente incorpora a 650 humidais (dos máis de 1100 catalogados en 2003 polo IBADER), a realidade é que estes estratéxicos espazos carecen de protección efectiva e algún tipo de xestión.

A última agresión (que non derradeira) atinxe ás turbeiras e breixeiras húmidas das Chans do Barbanza. Recentemente realizáronse en estes espazos unha serie de actuacións que afectan gravemente a unha importante superficie de tremoais minerotróficos oligotróficos (cód. 7140) e queirogais húmidos atlánticos (cód. 4020*, prioritario).

Estes hábitats gozan dun elevado valor ecolóxico, xa que resultan críticos para a conservación da biodiversidade, a regulación hidrolóxica e a mitigación do cambio climático, alén de supoñer un valioso rexistro peleoclimático.

As intervencións denunciadas causaron unha degradación evidente destes humidais, debido ao decapado e subsolado do substrato baixo unha liña de media-alta tensión que deixou ao descuberto a turba, o que provoca a oxidación da materia orgánica e a liberación de CO2.

Sobre estes fráxiles hábitats transitaron tamén vehículos pesados, o que contribuíu a intensificar a erosión. ADEGA vén de trasladar estes feitos á D. X. de Patrimonio Natural e a Augas de Galiza, e esixe a apertura dunha investigación e medidas cautelares urxentes para evitar unha maior degradación dos humidais afectados, así como actuacións de restauración para garantir a recuperación destes hábitats.

ADEGA engade que non abonda con incluír os humidais nunha listaxe se non se garante a súa protección efectiva. Lamentabelmente, proxectos de parques eólicos, liñas eléctricas, minas e “Altris” varios, declarados estratéxicos, seguen sendo a prioridade para a actual Xunta.

Post navigation

Previous: O primario é manifestarse “Coa nosa saúde non se xoga”
Next: A Deputación investirá en Compostela máis de 1,15 millóns de euros

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.