Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Axenda
  • Xeral

Día Internacional do Orgullo LGBTIQ+ en Ames

Os días 26 e 27 de xuño o concello de Ames ofrecerá unha programación que celebra o Día Internacional do Orgullo LGBTIQ+.

Cartel do día mundial do orullo en Ames

Ames, 23/06/2026 – Co gallo da celebración do Día Internacional do Orgullo LGBTIQ+, o Concello de Ames, a través dos departamentos de Igualdade e Xuventude, prepara un feixe de actividades durante o venres 26 e o sábado 27 de xuño.

Celebraranse na explanada do pavillón municipal de Bertamiráns e no Paseo da Igualdade do Milladoiro. O venres haberá diversos obradoiros temáticos, farase a entrega de premios do Concurso Fotográfico LGTBIQ+, e celebrarase a festa Holi Party. O sábado a acción pasará por outro obradoiro e un gran xogo colectivo.

A festividade comezará ás 19.30 horas, o primeiro dos obradoiros, que se celebraran na explanada do pavillón municipal de Bertamiráns o venres, estará enfocado ao deseño e elaboración de bolsas, mentres que o segundo estará orientado á confección de bandeiras conmemorativas.

Todo isto, acompañado de música, flocos de millo e algodón de azucre. Para ambos talleres a participación será aberta e gratuíta, polo que non será preciso realizar ningunha inscrición. Xa ás 21.00 horas, unha vez finalizados os obradoiros, farase entrega dos premios do Concurso Fotográfico LGTBIQ+, que se levou a cabo no concello durante as últimas semanas, e que está enmarcado na campaña “Ames a quen ames faino con orgullo”. Para finalizar a xornada, celebrarase unha Holi Party, a festa das cores.

O sábado 27, a acción pasará ao Paseo da Igualdade, ao carón do pavillón do Milladoiro. Deste xeito, ás 20.00 horas, comezará un novo obradoiro, que neste caso recibe o nome “Somos cores” e terá unha duración aproximada dunha hora.

Xa ás 22.00 horas, comezará o gran xogo “Símbolos na noite escura”, para o que será preciso inscrición previa cubrindo o formulario que se atopa no código QR do cartel. Esta actividade está pensada para persoas maiores de 13 anos. No caso de choiva, realizarase no anexo do pavillón municipal do Milladoiro.

Post navigation

Previous:  “Música a fartar” na vila da Bandeira
Next: 23º edición de Curtocircuíto

Máis novas

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Casa Consistrorial de brion
2 minutes read
  • Xeral

A Festa dos maiores de Brión abre un novo debate

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.