Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

Día dos Medios en Galego 2026 no 150 aniversario de O Tío Marcos d’a Portela

dia dos medios en galeo 2026 recorte

Organizada pola Asociación de Medios en Galego (AMEGA), esta xornada consolídase como un espazo anual de encontro, reflexión e celebración colectiva arredor do papel dos medios de comunicación en galego, da súa traxectoria histórica e do seu valor estratéxico no presente e no futuro do país.

A efeméride rende homenaxe á figura de Valentín Lamas Carvajal, impulsor de O Tío Marcos d’a Portela, publicación pioneira que en 1876 marcou un fito fundamental na normalización da lingua galega na prensa escrita e na creación dun espazo de opinión e identidade propia.

Mesa coloquio sobre IA, redes sociais e desinformación

Hoxe venres día 6, o Liceo de Ourense acollerá ás 18:00 horas unha mesa coloquio centrada en “Intelixencia artificial, redes sociais, alfabetización dixital e desinformación”. O acto será inaugurado por Noa Rouco, concelleira de Artes e Festexos do Concello de Ourense, e por Fernando de Paz, presidente de AMEGA 

No debate participarán profesionais e expertos de referencia no ámbito estatal:

Joxe Rojas, director de TIC e Comunicación de Tokikom, a rede que integra 69 medios locais en euskera; Quico Domingo Serra, socio-director de Sorensen AI e representante de AMIC, entidade que agrupa 600 medios cataláns; Ferran Pedrix, director de Sistemas e I+D+I en Diari Segre Comarcal e vicepresidente da Asociación Catalá da Prensa Comarcal; Paulo Gamallo, catedrático da USC e investigador do proxecto Nós, iniciativa clave para o desenvolvemento de recursos de intelixencia artificial en galego; Iván Iglesias, director de OUKE!, produtora audiovisual especializada en contidos para redes sociais; Rebeca Munín, directora da revista Pincha e vicepresidenta de AMEGA 

A clausura correrá a cargo de D. Rosendo Luís Fernández, deputado provincial da Deputación de Ourense, e de Valentín García, secretario xeral da Lingua. A continuación ofreceranse petiscos no propio Liceo.

Foliada na Praza de San Martiño (coorganizado co Concello de Ourense)

A celebración continuará ás 21:00 horas cunha gran foliada na Praza de San Martiño, que reunirá a destacadas agrupacións da música tradicional ourensá 

Participarán:

A Galleira, asociación cultural comprometida coa lingua, a cultura e a música tradicional, que reivindica tamén o legado do barallete ourensán 

Cantos da Cunha, agrupación nacida no barrio da Cuña arredor da música popular e do espírito taberneiro 

Feitizo de Pau, referente da música tradicional en San Cristovo de Cea, centrado na recuperación de muiñeiras, xotas e cantos de taberna 

Escola Provincial de Danza-Castro Floxo, grupo histórico dedicado á investigación e difusión do folclore galego desde 1977 

Coral de Ruada, fundada en 1918, unha das formacións corais máis emblemáticas de Galicia, con ampla traxectoria internacional 

Roteiro polo Ourense de Valentín Lamas Carvajal (organizado polo Consello da Cultura Galega)

O sábado día 7 celebrarase un roteiro polo Ourense de Valentín Lamas Carvajal, con saída ás 11:00 horas desde o Cemiterio de San Francisco e percorrido por diferentes espazos emblemáticos da cidade vinculados á súa figura 

A actividade, organizada polo Consello da Cultura Galega, rematará cun cocido no Liceo de Ourense, amenizado pola Coral de Ruada (inscrición para o cocido, previamente no propio Liceo, no teléfono 988220650 ou no correo liceodeourense@hotmail.es) 

O Día dos Medios en Galego reafirma o compromiso do sector coa lingua propia e coa comunicación de proximidade, reivindicando o legado histórico iniciado por O Tío Marcos d’a Portela e proxectándoo cara aos retos actuais do ecosistema mediático.

Desde AMEGA convídase á cidadanía, ás institucións e aos profesionais do sector a participar nestes actos conmemorativos e a sumarse á celebración de 150 anos de xornalismo en galego.

Post navigation

Previous: Brión destina 698.000 euros a pagar o recibo do lixo e melloras no municipio
Next: O Meco abrirá un ano máis o Entroido de Compostela

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.