Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Padrón
  • Xeral

Día de Rosalía en Padrón

Alborada, caldo de gloria e lectura de poemas na celebración do Día de Rosalía no concello de Padrón, berce da poetisa.

PADRON DIA DE ROSALIA 19 FEBREIRO 2026

O Concello de Padrón desenvolverá o vindeiro día 23 unha programación especial con motivo do Día de Rosalía. Unha xornada de especial relevancia no municipio por acoller á Fundación da Poetisa e a súa casa natal.

A Día de Rosalía en Padrón comezará ás 10.00 horas cunha saída desde a rúa do Sol ata a estatua de Rosalía no Espolón. O acto incluirá unha alborada cos Carapaus e a lectura de poemas por parte do alumnado dos IES Camilo José Cela e Macías o Namorado..

Ás 14.00 horas, un total de 18 establecementos hostaleiros da vila ofrecerán a tradicional degustación do Caldo de Gloria, consolidada xa como unha das iniciativas máis representativas desta celebración. Ao mesmo tempo, Padrón Turismo impulsa a actividade Café con Verso, na que 16 establecementos repartirán tarxetas con versos de Rosalía, contribuíndo á difusión da súa obra.

O Concello de Padrón estará representado nos actos institucionais que se celebrarán en Santiago de Compostela e na propia Casa de Rosalía. Ás 11.00 horas terá lugar unha ofrenda na Praza de Vigo, ás 12.00 horas acto institucional no Panteón de Galegos Ilustres (San Domingos de Bonaval), con lectura de poemas e actuación musical ademais  de degustación do Caldo de Gloria.

Xa pola tarde, na Casa de Rosalía en Padrón, celebrarase ás 19.00 horas unha degustación do Caldo de Gloria con Iago Pazos (Abastos 2.0) e bolos do pote elaborados por mulleres de Mazaricos, rematando a xornada cun concerto de Uxía e Javier Ruibal no auditorio ás 20.00 horas.

Post navigation

Previous: Natalia Outeiro “Pajarito” gaña O Maruxa Villanueva
Next: Chévere estrea Ictus

Máis novas

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

mancomunidade ordes saida patrimonio 5 novembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Nova saída para coñecer a Mancomunidade de Ordes

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.