Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Compostela

14º Día das Rapazas nas TIC

Dia das rapazas nas tics, imaxe de pixabay Imagen de Shawn Suttle en Pixabay

Compostela, 16/04/2026 – O vindeiro xoves, 23 de abril, celebrarase o Día das Rapazas nas TIC que chega a súa décimo cuarta edición. As actividades terán lugar de 11:00 a 13:30 horas na sede do CESGA en Compostela.

O acto será inaugurado pola directora da Axencia Galega da Innovación e presidenta do CESGA, Carmen Cotelo Queijo; a directora Xeral de Promoción da Igualdade da Xunta de Galicia, María Quintiana Pérez; e o presidente do CPEIG, Fernando Suárez.

As actividades do Día das Rapazas nas TIC están destinada ao alumnado de primaria e secundaria de Galicia. Consistirá nun coloquio virtual aberto, que se retransmitirá en vivo a través de Internet, no que participarán catro profesionais galegas.

As tecnólogas contarán, dun xeito ameno e detallado, a súa traxectoria, no que traballan, e o que a tecnoloxía pode aportar en diversos campos para mellorar a vida de todas e todos. Participarán na mesa redonda, moderada pola coordinadora da área e-learning do CESGA, María José Malmierca, Marta Castiñeira Reis, Patricia González Gómez, Hilda Romero Velo e Aránzazu Sucasas Hermida.

Participarán na actividade diferentes centros escolares galegos. Os estudantes poderán aprender dos testemuños, traxectorias, experiencias, dificultades e éxitos, ademais de formularlles preguntas, dúbidas e pedirlles consellos ás profesionais.

Tamén de forma presencial e ao remate do coloquio, o alumnado presente no CESGA realizará unha visita guiada ás instalacións do centro para coñecer o superordenador Finis Terrae III e o ordenador cuántico galego Qmio. A inscrición dos centros educativos no coloquio aínda está aberta na web https://e-learning.cesga.es/ictgogirls/.

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organiza este acto xunto ao Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), dependente da Axencia Galega da Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia e do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC),  e á Secretaria Xeral de Igualdade.

Traxectoria profesional das catro tecnólogas do coloquio virtual aberto

Marta Castiñeiras
Marta Castiñeiras

Marta Castiñeira Reis traballa no CESGA como técnica de investigación en simulación computacional e análise de datos no proxecto EDD-DATAlife. É doutora en Química Teórica e Modelización Molecular pola Universidade de Vigo (2019), unha área que utiliza métodos computacionais para estudar a estrutura, as propiedades e a reactividade das moléculas. Durante a súa tese de doutoramento e a súa etapa de posdoutoramento investigou procesos de catálise, é dicir, reaccións químicas aceleradas ou dirixidas por certas substancias para obter novos compostos de interese, incluídos posibles fármacos. Tamén traballou en astroquímica, estudando como se forman moléculas no espazo e que procesos químicos poden ter lugar en condicións extremas, como as do medio interestelar. Ao longo da súa carreira foi investigadora na Universidade de Groningen e na Universidade de Santiago de Compostela, e 2024 foi nomeada profesora axudante doutora na Universidade de Alcalá de Henares. O seu traballo combina química, física, informática e análise de datos para responder preguntas complexas sobre a materia, tanto na Terra como no universo.

Patricia González Gómez
Patricia González Gómez

Patricia González Gómez é catedrática e investigadora no Departamento de Enxeñaría de Computadores da Universidade da Coruña. A súa investigación céntrase na computación de alto rendemento, incluíndo o uso de supercomputadores, computación na nube (cloud) e análise de grandes volumes de datos (big data) para resolver problemas científicos complexos. Tamén traballa en áreas como a bioinformática e o desenvolvemento de métodos avanzados para acelerar cálculos e analizar gran-des cantidades de información. Coordinou o Máster en Computación de Alto Rendemento e ocupou varios postos directivos na Universidade da Coruña.

Hilda Romero
Hilda Romero

Hilda Romero Velo é investigadora no CITIC e candidata a doutora en Computación pola Universidade da Coruña (UDC). Con formación en Música e Informática, e experiencia como pianista e gaiteira, centra a súa investigación na Recuperación de Información Musical e na Etnomusicoloxía Computacional. Traballa especialmente coa música de tradición oral, como a galega e a irlandesa, empregando metodoloxías e algoritmos da informática e da bioinformática para analizar e comparar melodías co obxectivo de comprender as relacións entre diferentes tradicións musicais. Ade-mais, desenvolve ferramentas que apoian a aprendizaxe de partituras e sistemas capaces de buscalas a partir dunha cantaruxada ou da interpretación dunha melodía nun instrumento.

Aránzazu Sucasas
Aránzazu Sucasas

Aránzazu Sucasas Hermida traballa en Telefónica e actualmente é candidata a doutoramento na Universidade de Vigo (UVigo), onde desenvolve unha investigación centrada na segmentación de lesións mamarias en resonancia magnética para a detección precoz do cancro de mama. É licenciada en Enxeñaría de Telecomunicacións (Universidade de Vigo, 1998) e conta cun Máster en Enxeñería Biomédica e Saúde Dixital (Universidade de Sevilla, 2025). Na actualidade traballa en Optimización Radio en Telefónica Móviles, centrada na análise e mellora do rendemento das redes móbiles (5G, 4G e 3G) para garantir a calidade dos servizos de voz e datos. Anteriormente desenvolveu tarefas de planificación e deseño de redes móbiles, participando en proxectos nacionais como o deseño de sistemas de Tarificación Prepago, así como en proxectos internacionais como a implementación da Interface de Xestión da Rede Intelixente (Roma).

Desde 2012, o CESGA é impulsor o Proxecto Europeo “ICT-Go-Girls!, Promoting Entrepreneurship among secondary School Girls through ICT” (Promoción do emprendemento das rapazas de secundaria a través das TIC), que deseñou e testou unha metodoloxía innovadora para loitar contra a escaseza de vocacións tecnolóxicas entre as rapazas europeas.

Esta acción foi completada coa iniciativa galega “Rapazas Emprendedoras nas TIC” na que colabora o CPEIG no marco do Plan Proxecta da Consellería de Educación, baixo a coordinación da Secretaría Xeral de Igualdade, dirixida ás rapazas de primeiros anos de secundaria e últimos de primaria para proporcionarlles unha imaxe máis atractiva do mundo do emprendemento tecnolóxico cara lograr unha maior presenza feminina no eido das TIC.

Outras entidades que colaboran na organización da xornada: Xunta de Galicia, Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas, sección Galicia (AMIT-Gal); Asociación .GAL; Universidade de Santiago (Facultade de Ciencias da Educación, Woman Emprende e Oficina de Igualdade); Facultade de Informática da Universidade da Coruña; Universidade de Vigo (Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións); e as asociacións Hello Sisters! e GalsTech.

Post navigation

Previous: CACTEC  abre un centro no Milladoiro especializado en sistemas aéreos non tripulados
Next: III Xornada de Memoria Feminista en Padrón

Máis novas

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

mancomunidade ordes saida patrimonio 5 novembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Nova saída para coñecer a Mancomunidade de Ordes

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.