Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Lalín
  • Vila de Cruces

A desaparición dos mapas Hilgen chega aos xulgados

A desaparción duns mapas do Legado Hilgen chega aos xulgados tras a demanda presentada polo concello de Lalín.
bng-vila-de-cruces-legado-hilgen-slide-29-agosto-2019_r

Table of Contents

Toggle
  • Vila de Cruces, 17 de marzo do 2022 – A desaparción duns mapas do Legado Hilgen chega aos xulgados tras a demanda presentada polo concello de Lalín.
    • Os mapas do Legado Hilgen
    • Comisión de investigación

Vila de Cruces, 17 de marzo do 2022 – A desaparción duns mapas do Legado Hilgen chega aos xulgados tras a demanda presentada polo concello de Lalín.

O BNG reclama ao mesmo tempo que se constitúa a Comisión de Investigación, aprobada a instancias dos nacionalistas, nun pleno municipal.

A todo esto súmanse as peticións da Valedora do Pobo que reclama os datos que se teñan sobre a desaparición e pregunta ao concello por si se comunicou á fiscalía os feitos, si se creo a Comisión de investigación e, de ser así, cales foron as súas conclusións.

Os mapas do Legado Hilgen

Como contamos no seu día o Legado Hilgen foi cedido no 2012 ao concello de VIla de Cruces para ser exposto. Cando volveu a Lalín, ao ser reclamado no 2018, faltaban unha serie de mapas sen que ninguén fora quen de explicar que sucedera con eles.

A demanda presentada polo concello de Lalín cita ao concello de Vila de Cruces para que se presente no xulgado con avogado e procurador para respostar sobre a desaparición.

Comisión de investigación

Por outra banda o BNG de Vila de Cruces conseguiu sacar adiante unha moción en pleno para a creación dunha Comisión de investigación cun calendario de accións moi concretar, mesmo citando a implicados para que responderan sobre o sucedido.

O alcalde dixo estar disposto a colaborar coa xustiza pero non a crear a comisión. O BNG lembra que esa declaración “incumpre a lei de Bases de Réxime Local que no seu artigo 21 di que é atribución do alcalde ordear a publicación, execución e facer cumprir os acordos do pleno do concello”.

Os nacionalistas consideran que o acordo aprobado en pleno “é de obrigado cumprimento para o grupo de goberno e non admite máis demoras para poñela en marcha, máis aínda se o descarte non se sustenta en motivos técnicos ou xurídicos”.

A comisión foi aprobada en novembro pasado. Saíu adiante cos votos favorables de PSOE e BNG, a abstención do PP e os votos en contra do equipo de goberno.

Post navigation

Previous: O camiño Inglés a través das fontes
Next: A Directiva de Teenses pola Igualdade desmárcase da presidenta e rexeita parte do manifesto da Festa das Mulleres

Máis novas

casa-do-patron-inauguracion-luces-slide-7-decembro-2021-(1)_r
1 minute read
  • Lalín

“Nadal tropical” na Casa do Patrón

vila de cruces barcaza de portodemouros 14 outubro 2025
3 minutes read
  • Arzúa

Seguen os problemas coa barcaza de Portodemouros

via de cruces bng vertidos deza SLIDE 9 setembro 2025
2 minutes read
  • Vila de Cruces

Denuncian os continuos vertidos no río Deza

teo lalin estrada vivendas xunta NORMAL 22 abril 2025
2 minutes read
  • A Estrada

A Estrada, Teo e Lalín proxectarán vivendas pública

filloa e cocido unha alianza natural slide 3 fereiro 2025
3 minutes read
  • Boqueixón

Filloas e cocido, unha alianza natural

mina-touro-rolda-prensa-slide-14-novembro-2018_r
3 minutes read
  • Arzúa

A Mina de Touro revive

adega paralizado proxecto en lalin 7 agosto 2024
3 minutes read
  • Lalín

Nova paralización xudicial dun proxecto eólico en Lalín e o Irixo

adega-paralizacion-eolico-deza-slide-18-xunho-2024_r
3 minutes read
  • Lalín

Nova paralización do TSXG dun polígono eólico

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.