займ срочно

Derrotas do Santiago Futsal en Manzanares e o Noia Portus Apostoli en Murcia

0

Bisbarra, 18 de marzo do 2019 – Mal fin de semana para o fútbol sala da bisbarra con derrotas do Santiago Futsal en Manzanares e o Noia ante o Pozo Ciudad de Murcia.

Santiago Futsal Manzanares FS

O Santiago  Futsal viaxaba a casa dun Manzanares  FS situado na cuarta praza da clasificación. Os locais chegaban metidos de cheo na loita polo  playoff e despois de dúas derrotas consecutivas contra o Real Betis  Futsal e Pescados Rubén Burela, os dous primeiros clasificados na competición. Os composteláns partían cunha vantaxe de 13 puntos sobre o descenso e a só 2 do  playoff, o que lles permitía afrontar o encontro coa ilusión de conseguir algo que recompensase todo o esforzo realizado ata a data.

O partido comezou de fronte para os visitantes cun gol de  Zequi no minuto 7. A desigualdade foi breve xa que o Manzanares  FS empatou aos dous minutos a través de Otero. Unha vez máis os de Santi Valladares adiantáronse no marcador, esta vez grazas a Alberto Mirás que finalizou un gran pase de  Zequi co tacón cando corría o minuto 14. A partir de aí os locais comezaron a apertar tendo ocasións a través de varias xogadas, unha delas estrelándose no pau despois de que Manu Diz disparase a porta.

Comezou a segunda parte cun 1-2 a favor dos celestes, pero xa no minuto 22 Otero volveu empatar o partido co seu segundo gol. O Manzanares  FS seguía buscando porta, ata que no minuto 29 Alberto  Blecua adiantounos por primeira vez no encontro tras unha boa  triangulación. A alegría duroulles pouco, xa que  Brian volveu igualar o electrónico en menos dun minuto.

O choque colleu intensidade co equipo local tomando a iniciativa, que conseguiu poñer o 4-3 definitivo a falta de só un minuto para o final cun gol de Pablo  Mel.

Noia Portus Apostoli Pozo Ciudad de Murcia

5-0 foi o resultado final do partido entre o Pozo Ciudad de Murcia e o Noia  Portus  Apostoli. Cunha nova derrota, complícaselle un pouco máis o obxectivo da permanencia aos galegos, pero mentres dean os números hai posibilidades e a primeira dela pasa polo Agustín  Mourís o vindeiro sábado.

As necesidades de puntuar eran distintas para ambos os conxuntos do mesmo xeito que o refacho na que están inmersos murcianos e galegos.

O patrón do primeiro tempo foi unha presión en primeira liña por parte dos galegos que dificultaba o avance dos  locais á vez que lograban o ataque por medio de balóns roubados creando ocasiones pero que, unha xornada máis, non lograrían materializar. As oportunidades de abrir o marcador sucedíanse para ambos os bloques, o conxunto galego fixo moitas cousas ben para merecer un gol pero as ocasións dos murcianos chegarían por medio de accións a balón parado e nunha destas xogadas foi como  Combarro abriu o marcador no minuto 18.

Despois do paso por vestiarios o escenario repetíase. Os noieses dominaban o xogo e os murcianos esperaban a que lles chegase a oportunidade sabendo da súa efectividade de fronte ao gol. O Noia  Portus  Apostoli tería unha ocasión de ouro para igualar o partido coa expulsión de  Cobarro, por dobre amarela, o que supoñería xogar en inferioridade numérica. Ante tal situación tentábao Pizarro cun tiro desde fóra da área que detén o gardameta local, Antonio. Pero a máis clara chegaría cunha boa xogada combinada dos galegos que Colorado non logra materializar. Corría o minuto 26.

Un minuto despois e de novo cunha xogada a balón parado chegaría o segundo para os mozos murcianos por unha falta de  Brais, que colle o balón fóra da súa área, e é Paniagua quen marca o segundo da tarde.  Co 2- 0 no marcador, os noieses non baixarían os brazos pero aínda así non foi suficiente para que un minuto despois chegase o terceiro tras o roubo do balón de  Shimizu na metade de pista que lla coloca a Isma para que bata a  Brais sen  titubear.

No 32 chegaría o 4º tanto  charcuteiro que nace dunha xogada de equipo desde propia pista e que define Cámara con contundencia. Tentárono os xogadores brancos pero de novo a sorte de fronte ao gol dáballes as costas. Non así aos murcianos que marcarían o quinto sendo nesta ocasión o executor  Josema.

Share.

Comments are closed.