Compostela, 22 de febreiro do 2019 – Os coruñeses Dequenvessendo pasan esta noite pola Casa das Crechas a partir das nove da noite, as entradas teñen un prezo de 3 euros.
Dequenvessendo son un novo grupo de folk creado na Coruña e formado por sete compoñentes: Miguel Rosales Reboiras (acordeón e teclado), Pablo Rosales Reboiras (zanfona, whistle e gaita), Miguel Ocampo Bermúdez (percusión), Bieito Romero Diéguez (frauta traveseira e gaita), Nathael Regueiro Arguibel (guitarras), Irene Cerqueiro Espinosa (frauta, teclado e voz) e Javier Ferreiro Barreiro (son) a partir da A.C. Triskell de Armentón, Arteixo.
Durante o tempo que levan como formación, pasaron por numerosas encontros de música tradicional como as Foliadas de Cerqueda ou de Monte Alto e tamén en Cantos de Taberna como o que se organizou no Caurel por primeira vez, ou na segunda edición da Fonsagrada.
Tiveron a oportunidade de estar con Luar na Lubre na inauguración da exposición do XXX Aniversario, na apertura da Xira do XXX aniversario de Luar na Lubre en Compostela e no Concertos-Romería de Esgos e de Sisalde.
Tamén tocaron na Noite de San Xoán en Cubillos del Sil (Ponferrada), no 34o Festival da Carballeira de Zas, no II Festival de Lágrimas de San Lourenzo de Pumarín (Balboa-O Bierzo). Outro dos festivais polos que pasaron foron a l e ll Edición do Festival Folk Sisalde, e a Romaría de San Miguel de Pastoriza (Arteixo).
