Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

A Deputación viaxa a Irlanda para promocionar o Camiño de Santiago

O presidente da Deputación, Valentín González, visitou Irlanda para buscar xeitos de colaboración e promocionar o Camiño de Santiago.
deputacion-irlanda-slide-25-setembro-2023-(1)_r

Bisbarra, 25 de setembro do 2023 – O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González, visitou durante dous días Irlanda para buscar xeitos de colaboración e promocionar o Camiño de Santiago.

A Deputación espera replicar en Irlanda o éxito que está a ter o Camiño Inglés entre os visitantes do Reino Unido e destaca os vínculos históricos coa illa esmeralda a través dos séculos

 González Formoso estivo acompañado polo deputado provincial Antonio Leira, e o presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Manuel Mirás. Formoso destacou que esta primeira viaxe oficial da Deputación “ten como obxectivo estreitar lazos de colaboración coa República de Irlanda e traballar conxuntamente na promoción deste Camiño en ambos países”.

O Camiño Celta é unha ruta xacobea aínda bastante descoñecida, que conta con distintas rutas oficiais de peregrinaxe no país, todas elas cun traxecto mínimo de 25 quilómetros, que desembocan nos portos de Dublín, Drogheda, Limerick, Cork ou Waterford, desde onde os peregrinos se dirixen por mar ata Galicia para completar cando menos outros 75 quilómetros a pé desde A Coruña ou Ferrol ata a catedral de Santiago de Compostela.

O Camiño de Boyne Valley

Na primeira xornada desorazáronse ata Drogheda, unha das poboacións máis antigas de Irlanda, situada uns 25 quilómetros ao norte de Dublín, para inaugurar o Camiño de Boyne Valley, unha das rutas máis populares e históricas das que compoñen o Camiño Celta. Nesas rutas poden atoparse xa algunhas sinais coa frecha e a cunha amarela que indican o Camiño cara Santiago de Compostela.

O percorrido incluíu unha andaina desde a abadía de Mellifont, a 2.580 quilómetros de Santiago, o primeiro mosteiro cristián do país, fundado en 1142, e a visita a distintos puntos da cidade vinculados ao Camiño. Entre outros, visitaron a igrexa de St. Peter, a Highlanes Gallery ou a oficina de turismo local.

A axenda incliu tamén un almorzo coas autoridades locais e rexionais no que participaron Thomas McEvoy e Colette Moss, director e representante consello do Condado de Louth, Ged Nash, deputado no Parlamento Irlandés e Hubert Murphy, presidente da Cámara de Comercio, entre outros.

Valentín Formoso incidiu no “nexo histórico e cultural que, a través dos séculos, une a Galicia e Irlanda, dúas terras irmás” e anunciou o compromiso da Deputación da Coruña de “activar iniciativas que potencien o coñecemento desta ruta tanto en Irlanda como en Galicia, estreitando estes lazos históricos entre as nosas comunidades para conseguir que Irlanda esté un pouco máis preto de Santiago de Compostela”.

Inauguración da primeira moteira

Na segunda xornada da viaxe o presidente Valentín González Formoso e o embaixador de España en Irlanda, Ion de La Riva Guzmán, participaron en Bray no acto oficial de inauguración da primeira mouteira de pedra que indica o Camiño de Santiago en Irlanda. No acto participaron tamén a alcaldesa Melanie Corrigan e a xefa do executivo do condado de Wicklow, Aoife Flynn Kennedy, entre outras autoridades locais, que agredeceron a presenza da delegación española “nun acto moi simbólico e importante”.

Formoso mantivo previamente unha reunión co embaixador na que se interesou pola poboación galega que vive en Irlanda, polas relacións comerciais en sectores estratéxicos como a pesca e por localidades coma Castletownbere, onde residen de forma permanente un elevado número de galegos e onde recalan os numerosos buques galegos que faenan nas augas do Gran Sol.

Galicia, máis preto de Irlanda

O embaixador De la Riva e o presidente da Deputación acordaron tamén colaborar na posta en marcha de diferentes actividades orientadas a promocionar Galicia en Irlanda. Entre elas, a celebración, o próximo 25 de xullo, do Día de Galicia nos xardíns exteriores da embaixada con actividades culturais, gastronómicas e festivas que a Deputación promoverá para dar a coñecer Galicia como destino turístico entre a poboación irlandesa.

Para promocionar Galicia en Irlanda, a Deputación e a embaixada traerán á provincia da Coruña a personalidades irlandesas do mundo da cultura, a empresa, os medios de comunicación e o sector turístico co fin de que coñezan en primeira persoa a historia común que une a ambos territorios e percorran o Camiño Inglés e o Camiño Fisterra-Muxía, as dúas rutas xacobeas que discorren integramente en territorio da provincia da Coruña e que experimentaron un importante crecemento en número de peregrinos nos últimos anos.

Formoso e De la Riva abordaron tamén a posibilidade de colaborar no futuro entre o condado de Sligo, onde diversas asociacións de memoria histórica manteñen viva a memoria do naufraxio da Armada Invencible en 1588 e o futuro Museo dos Naufraxios de Camariñas, que será financiado pola Deputación na localidade.

Post navigation

Previous: A Xunta reforza desde hoxe a comunicación de Noia e Outes co Hospital Clínico
Next: Oroso recupera as axudas ás comisións de festas

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.