займ срочно

Apoio da Deputación ao Biopolo da Sionlla en Compostela

0

Compostela, 8 de novembro do 2023 – A Deputación contribuirá economicamente a dotar de equipamento e promover a actividade do Centro de Servizos Innovadores para Empresas Biotecnolóxicas (CSIEB).

Así o avanzou a deputada de Industria, Deputación , Rosa Ana García, que visitou o Biopolo da Sionlla. A responsable estivo acompañada por José Fernández Albores, Presidente da Asociación Área Empresarial do Tambre, e o seu xerente, José Manuel Beceiro.

O Polo de Innovación en Biotecnoloxía

O Polo biotecnolóxico de Galicia desenvolverase a través de dúas infraestruturas complementarias nos seus obxectivos. A primeira delas, un Edificio de Espazos Industriais, formado por naves de carácter industrial de aproximadamente 500 m2 para empresas en fase de consolidación, completamente adaptadas aos seus requirimentos técnicos, loxísticos e de seguridade..

A segunda destas infraestruturas será o Centro de Servizos Innovadores para Empresas Biotecnolóxicas (CSIEB), que ofrecerá e proverá de servizos especializados a empresas do sector e que contará con laboratorios, equipamento e instalacións para o seu uso temporal e tarifado a prezos de mercado, así como a prestación doutra tipoloxía de servizos asociados á dixitalización do sector biotech galego.

Rosa Ana García avanzou que a Deputación facilitará o equipamento para a mellora da eficiencia enerxética, para as salas de uso común, para a mellora das telecomunicacións, como os accesos dixitais dos laboratorios e a adquisición de equipamento para laboratorios. En canto ás actividades, o organismo provincial posibilitará a promoción do Centro e a implantación de empresas biotecnolóxicas.

O proxecto deste Centro ten a súa orixe no Acordo da Sionlla do que forman parte a Xunta de Galicia, a través das consellerías de Economía, Empresa e Innovación e a de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, o Concello de Santiago de Compostela, a Universidade de Santiago de Compostela, a COCIN de Santiago de a Asociación Área Empresarial do Tambre.

Rosa Ana García destacou o “carácter estratéxico do polo, situado na comarca de Santiago, onde a Universidade conta cun grao específico de formación universitaria en biotecnoloxía e localízanse tamén os centros de investigación Ciqus (Centros Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares) e Citius (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes)” da USC.

Visita a empresas instaladas

Durante a visita, a deputada tamén tivo a oportunidade de coñecer as actividades de SunRock Biopharma, unha das empresas xa instaladas no CSIEP, a través do seu xerente, Juan Buela Fernández, quen destacou a importancia de crear sinerxías dentro das propias empresas do sector. SunRock Biopharma é unha compañía de biotecnoloxía dedicada ao desenvolvemento de anticorpos para o tratamento de tumores altamente invasivos con necesidades urxentes de terapias oncolóxicas.

Santiago e a súa área de influencia gañan cada vez máis peso na biotecnoloxía, unha actividade cun ritmo de crecemento do 10% anual, o que indica un gran potencial de futuro. A cidade e a súa contorna aglutinan a medio centenar de empresas, que facturan 65 millóns e dan traballo a unhas 350 persoas. As compañías compostelás destacan en diferentes subsectores como a alimentación funcional e nutracéutica para a saúde e o envellecemento activo; as novas tecnoloxías para a medicina personalizada; a produción de fármacos e vacinas; a xestión e aproveitamento dos recursos mariños; o medio ambiente, a economía circular ou a produción e aproveitamento agropecuario e forestal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies