займ срочно

A Deputación  e a Universidade de Santiago porán en valor a Serra do Careón

0

Bisbarra, 18 de setembro do 2023 – O patrimonio natural que acolle a Serra do Careón será posto en valor grazas ao acordo ao que chegaron a Deputación provincial e a Universidade de Santiago, USC.

A Zona de Especial Conservación, ZEC, Serra do Careón é un dos espazos protexidos de maior singularidade edáfica e botánica da provincia. Ten un tamaño de 6.661 Ha. e representa o 8% da superficie total protexida na Coruña. Localízase entre os concellos de Melide, Santiso e Toques aínda que tamén penetra no concello lucense de Palas do Rei.

A devandita serra ten especial relevancia natural pola súa biodiversidade da flora xa que foi declarada como unha das áreas máis importantes para a conservación vexetal de toda España. E aínda así, e pouco coñecida para a cidadanía coruñesa a pesar desta singularidade.

A Serra contén polo menos sete especies protexidas e tres delas non viven en ningún outro lugar do mundo. Isto é consecuencia na tipoloxía do chan e da súa composición química, formada por rochas de cor verde e escamado que se asemella a pel das serpes e por iso se denominan especies serpentinizadas.

O pleno da Deputación aprobou por unanimidade o convenio polo que destinará 50.000 euros, o 80% do orzamento total da iniciativa, que ascende a 62.000 euros, para financiar o proxecto científico que tenta cimentar o coñecemento cunha proposta de plan de conservación da Serra do Careón.

Entre as accións que contempla o proxecto da USC destacan a actualización do estado das especies CGEA, catálogo de especies vexetais de intereses, deseño e edición de material divulgativo, inventario de técnicas de restauración, cartografado de zonas de acción e elaboración final.

A Serra do Careón é unha das 53 Zonas de Especial Conservación (ZEC) que protexen de xeito global 375.558 ha en Galicia, 18 delas pertencen a provincia da Coruña.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies