Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

A Deputación prepara a campaña turística centrándose no eclipse de agosto

Unha reunión de traballo no Pazo de Mariñán serviron de formación aos axentes locais

O Vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, encabezu a reunión

O Vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, encabezu a reunión

Coruña, 29/04/2026 . A Deputación da Coruña organizou este martes, no Pazo de Mariñán (Bergondo), unha xornada formativa centrada na preparación do sector turístico da provincia ante a eclipse total de sol do vindeiro 12 de agosto.

O eclipse será un fenómeno astronómico excepcional que situará boa parte da provincia da A Coruña na franxa de totalidade e converterá o territorio nun punto estratéxico para a observación deste acontecemento.

A apertura da xornada correu a cargo do vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, quen puxo o foco na importancia da prevención, da planificación e da información rigorosa como eixos fundamentais ante un evento destas características.

Regueira dixo que “Agora non se trata tanto de promocionar o destino, que entendemos que xa está axeitadamente promocionado, como de organizar con responsabilidade os fluxos de visitantes e poñer o foco na información, na concienciación e na prevención”.

O responsable provincial incidiu en que o principal reto pasa por anticiparse á mobilidade que xerará a eclipse e garantir unha resposta coordinada tanto desde o punto de vista turístico como da seguridade e da saúde pública.

Para Xosé Regueira “Temos que traballar para ordenar a mobilidade das persoas, prever impactos e ofrecer información precisa tamén desde o punto de vista da saúde, para que a experiencia sexa segura e positiva”.

O vicepresidente tamén subliñou a importancia da divulgación práctica ao redor das condicións reais de observación, lembrando que a localización dentro da franxa de totalidade non garante por si soa unha visión axeitada do fenómeno. “Mesmo dentro da franxa de totalidade, non todos os lugares permitirán unha boa observación, porque o Sol estará moi baixo no horizonte e factores como o relevo ou os edificios poden impedir vela en condicións”.

Na xornada participaron tamén alcaldes, alcaldesas e persoal técnico de turismo de diferentes concellos da provincia, nun encontro orientado a analizar as oportunidades e tamén os desafíos organizativos asociados a este fenómeno astronómico, que podería atraer unha importante afluencia de visitantes.

Durante a sesión abordáronse cuestións clave como a seguridade na observación, a planificación de espazos e accesos, a capacidade de acollida, a creación de produtos turísticos específicos e as estratexias de información e coordinación territorial, co obxectivo de que administracións, empresas e profesionais conten coas ferramentas necesarias para afrontar esta cita con planificación e responsabilidade.

Post navigation

Previous: Unha andaina polo mar de ovellas
Next: Seguen as queixas polas deficiencias en centros de saúde

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.