Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

Impulso da Deputación ao turismo industrial no Barbanza

A Deputación da Coruña participou na feira turística barcelonesa B-Travel

Deputación da Coruña na Feira de Turismo B-Travel

Bisbarra, 23/03/2026 . A Deputación da Coruña participou en B-Travel, a feira internacional de turismo que se celebrou en Barcelona. Ade turismo dirixida por Xosé Regueira levou a súa aposta polo turismo industrial como un dos eixos estratéxicos da súa oferta turística.

No marco do espazo B-Industrial, unha área temática especializada en turismo industrial dentro do salón, a Deputación presentou a proposta titulada “Historia da conserva na provincia da Coruña”, centrada na posta en valor do patrimonio industrial e gastronómico vinculado ao sector conserveiro.

A presentación da Deputación da Coruña afondou na tradición conserveira da provincia, especialmente en territorios como o xeodestino Barbanza Arousa, onde esta industria contribuíu a conformar a paisaxe, a economía e a identidade social.

A proposta pon o foco na calidade dos produtos do mar, tanto frescos como en conserva, e na súa vinculación coa cultura local, así como na maridaxe cos viños da Indicación Xeográfica Protexida Terras do Barbanza e Iria.

O vicepresidente da Deputación e deputado de Turismo, Xosé Regueira, subliñou que as políticas provinciais se deben orientar a «fortalecer os sectores produtivos» e a «construír experiencias auténticas baseadas na identidade galega».

Así mesmo reivindicou o potencial do rural «como espazo estratéxico e cheo de vitalidade, capaz de ofrecer experiencias verdadeiras ao tempo que se preservan os valores propios».

Durante a súa intervención, Regueira explicou que a proposta presentada en B-Travel inclúe o proxecto do centro de interpretación da conserva de Barbanza Arousa e destacou o papel histórico desta industria no conxunto do litoral galego.

Lembrou que a tradición conserveira está presente ao longo de toda a costa e puxo en valor a súa orixe, ligada en boa medida á chegada de industriais cataláns, aos que posteriormente se sumaron maragatos e portugueses, configurando un sector que se foi expandindo e diversificando co paso do tempo.

«Hai unha tradición asentada desde hai moitos séculos e viñemos contar un relato que tamén conecta con Cataluña, onde estamos hoxe, xa que a nosa industria conserveira chegou a Galiza da man, sobre todo, dos cataláns», explicou Regueira, quen engadiu que «buscamos na gastronomía o primeiro leitmotiv para convidar a visitar Galiza e falar de industria, pero tamén da relación co territorio e da necesidade de reivindicar un turismo de calidade, baseado na nosa identidade e na excelencia das experiencias que podemos ofrecer».

A participación da Deputación neste evento responde ao obxectivo de consolidar o turismo industrial e gastronómico como un dos piares da súa estratexia turística, promovendo a provincia como un destino singular baseado na autenticidade, na identidade propia e na calidade das súas experiencias.

Post navigation

Previous: Lousame reivindica a Zernadas de Castro como precursor do galeguismo
Next: 9Louro e a orquestra Nueva Línea nas Festas de Pascua de Padrón

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.